Ribadeo, 2 de febreiro de 2024. Ribadeo acollerá o 2 de marzo o I Raid de Orientación Concello de Ribadeo, que foi presentado hoxe.
O Raid de Orientación é unha competición multidisciplinar destinada a probar a capacidade de orientación e resistencia dos equipos, sen axuda externa. Os equipos en moitas ocasións deben ser mixtos, e mulleres e homes compiten en igualdade de condicións, polo que se trata, segundo os organizadores, dun dos deportes máis inclusivos do mundo.
O deporte dos Raids de Orientación consiste en realizar un percorrido, preestablecido pola organización, marcado no terreo mediante balizas e sinalado no mapa específico de ese terreo que se entregará a cada participante. Os participantes, coa axuda dun compás, realizarán o percorrido elixindo o itinerario a seguir entre os puntos de control.
Cada equipo, en función da súa propia estratexia, decide que distancia percorre, que puntos de control visita, e que probas especiais realiza; tendo en conta que non pasar polos puntos de control supón non sumar os puntos que outorga dito control. O tempo empregado e a puntuación conseguida en realizar o percorrido serán os determinantes da clasificación final.
Poden participar deportistas maiores de 18 anos que teñan experiencia en Raids. Os equipos estarán formados por 3 persoas, sempre en carreira. As disciplinas da proba serán: trekking, BTT, cordas, tiro con arco + outras probas especiais. Haberá, por exemplo, un rapel no Cargadoiro.
O I Raid de Orientación Concello de Ribadeo comezará a primeira hora da mañá do 2 de marzo na praza de España e rematará coa entrega de premios a partir das 19:30 horas. Agárdase a participación dunhas 200 persoas.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, dixo que “estamos moi contentos de que Ribadeo fose o concello elixido para a celebración deste primeiro Raid de Orientación, xa que traerá a moita xente á nosa vila durante a primeira fin de semana de marzo. Será un atractivo para os deportistas e para o público e contribuirá á dinamización da hostalería local”.
No acto de presentación participaron o alcalde, Daniel Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o xefe provincial de Deportes, Manuel Otero, así como varios membros da organización: Fluvial, Aromon Pontevedra e Fegado, cos que colaboran o Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia e a Federación Española de Orientación.






















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.

