O BNG defende un novo modelo de ordenación do territorio que permita impulsar modelos produtivos que favorezan a desintensificación da actividade agraria, co obxectivo de acadar modelos máis sustentábeis ambientalmente e economicamente, ao diminuír os custos de produción
Lugo, 10 de febreiro de 2024. A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, visitou unha explotación gandeira en Vilalba onde anunciou que o BNG desde o goberno da Xunta de Galiza reactivará o Banco de Terras, “unha iniciativa posta en marcha cando o BNG tivo responsabilidades de goberno e que coa chegada do PP á Xunta se paralizou”. Esta iniciativa “dará unha resposta á falta de superficie para a producción, e garantirá o mantemento dos terreos rurais, ao incorporarse ao banco para o seu arrendamento os terreos que non se atopen nun bo estado de conservación”.
O BNG impulsará modificacións na lexislación actual para dirixir a normativa de recuperación da terra agraria cara a garantir a dispoñibilidade de terreos para o sector gandeiro, a viticultura ou o cultivo, optimizando os recursos das distintas explotacións para garantir a súa viabilidade. Outro dos grandes eixos de actuación do Bloque no rural será o apoio aos produtores e produtoras, con medidas como a mobilización de 100.000 hectáreas de superficie agraria útil para facilitar o uso agrogandeiro das que están abandonadas.
Con estas medidas, desde o BNG avanzarase nun novo modelo de ordenación do territorio que permita impulsar modelos produtivos que favorezan a desintensificación da actividade agraria, co obxectivo non só de acadar modelos máis sustentábeis ambientalmente, senón tamén economicamente, ao diminuír os custos de produción.
“Este 18 de febreiro votar ao BNG é votar por un novo modelo de ordenación do territorio que garanta a continuidade do noso medio rural”, afirmou Olalla Rodil, que engadiu “temos un proxecto claro para asentar poboación, garantir a dispoñibilidade de servizos e garantir a continuidade das empresas vinculadas ao medio rural”. Rodil pediu o voto ao BNG “para poñer fin a 15 anos de abandono do rural por parte do PP, estamos a poucos días de ver a Ana Pontón como primeira presidenta da Xunta de Galiza”.




















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



