Con motivo desta celebración, acercáronse ao seu domicilio a alcaldesa, Efigenia Maseda, acompañada polo Concelleiro de Educación, Igualdade e Participación, Eliseo Lorenzo, como representantes do Concello, para agasallala cunha placa e un ramo de flores. A alcaldesa afirma que “é unha honra contar no noso concello con persoas que teñen unha gran experiencia na vida”. Dende o Concello de Alfoz desexánlle que goce dun moi feliz aniversario.
![María Edelmira Legaspi Trelles celebrou este sábado o seu 100 aniversario rodeada da familia en Carballido, Alfoz](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2024/02/Aniversario-Edelmira-1024x577.jpg)