Cervo, 16 de marzo de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou a excelente calidade e sabor do ourizo galego e a importancia da celebración deste tipo de citas gastronómicas na difusión das propiedades culinarias destes equinodermos, dos que se comercializaron máis de 43 toneladas o ano pasado xerando unha facturación de máis de 500.000 euros nas lonxas lucenses, así como a promoción do consumo entre a cidadanía. O titular de Mar fixo estas manifestacións na XXXI Festa do Ourizo de San Cibrao organizada polo Concello de Cervo e os establecementos de hostalaría do municipio declarada de Interese Turístico Galego onde puxo de exemplo este evento, xunto a Festa do Mexillón que tamén acolle este mesmo concello, como fórmulas axeitadas para poñer en valor a calidade e beneficios para a saúde que hai detrás do peixe e marisco galegos.
O responsable autonómico felicitou aos promotores pola organización deste evento no que os visitantes poderán degustar as mellores elaboracións nas que este produto é o protagonista absoluto así como de unha showcooking ademais de actuacións musicais e un concurso gastronómico. Un amplo programa gastronómico e festivo co ourizo como eixo central, unha especie na que se traballa por parte da Consellería do Mar con accións de investigación como a ‘Mellora da produción de xuvenís de ourizo de mar en catividade’ por parte do CIMA de Ribadeo que ten por obxectivo optimizar o período de preengorda de xuvenís con diferentes sistemas para acurtar o tempo preciso para o seu traslado ao medio natural.
























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



