Ribadeo, 6 de marzo de 2024. Dende hoxe, 6 de marzo, ata o 15 deste mes pódese visitar nas instalacións da EMMeD a exposición Trombonistas inspiradoras.
A concelleira de Educación e Cultura, Begoña Sanjurjo, explica que “este é o resultado dun traballo de investigación e recompilación de Hanna Nauke, alumna de trombón da EMMeD, que ao comprobar as poucas mulleres que tocaban instrumentos de vento metal fixo esta labor”.
O responsable da EMMeD, Hugo García, sinala que “trátase de doce paneis coa biografía de diferentes instrumentistas desta especialidade onde explica a súa traxectoria e mediante códigos QR poderanse ver vídeos destas importantes trombonistas. Así mesmo, no texto de presentación desta exposición, a autora comenta varios casos concretos de orquestras profesionais onde unha vez máis queda reflectida a presenza minoritaria de mulleres neste ámbito”.
Sanjurjo engade que “esta actividade englóbase dentro dos actos organizados co gallo do 8M e amosa unha das apostas da EMMeD de Ribadeo, que é achegar durante todo o curso ao alumnado valores que vaian máis aló do estritamente musical de aí a inclusión no currículo académico do centro de aspectos como é a igualdade”.























No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



