Despois da Oca da Inmigración orientada á cativada de primaria, convócase agora o X Concurso 21 de Marzo: Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial, para todas as idades
Burela, 21 de marzo de 2024. O Concello de Burela está a organizar diversas actividades con motivo do Día da Eliminación da Discriminación Racial, que se celebra hoxe, 21 de marzo.
Despois da actividade A Oca da Inmigración, que o pasado venres foi levada ata o CEIP Virxe do Carme e o CEIP Vista Alegre, o Concello presenta agora o X Concurso 21 de Marzo: Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial.
Este certame esta impulsado dende as áreas de de Inmigración, Cooperación e Integración do municipio en colaboración co Centro de Educación Medioambiental Gaia.
O pasado luns publicouse no BOP a convocatoria do mesmo, na que destaca que o formato dos traballos que os participantes poden presentar será totalmente libre, co obxetivo de dinamizar e aumentar a participación.
As persoas interesadas en participar teñen un mes de prazo dende a publicación das bases no BOP para presentar os seus traballos, isto é, ata o día 18 de abril. Hai tres categorías por tramos de idades: de 6 a 12 anos, de 13 a 17 e de 18 en diante.
A inscrición terá lugar na Casa do Concello presencialmente, no enderezo de correo electrónico integracioninmigrantes@burela.org ou chamando ó número 982 58 60 00.
“Despois da Oca da Inmigración que levamos a cabo nos centros de primara o pasado venres seguimos traballando no eido da inmigración, a integración e a cooperación”, afirma o concelleiro responsable destas áreas Mario Pillado.
“Este ano queremos revitalizar o concurso, e por iso, os participantes van poder crear un debuxo, un deseño gráfico, un lema ou un relato se queren, pero tamén van poder optar por calquera outro formato, sexa en vídeo, audio, imaxe, o que queiran e podan presentar de forma física ou dixital”, destaca Pillado.
Ademais deste concurso, tamén se publicaron no mesmo BOP as bases do I Concurso sobre Actitudes Positivas (Non Tóxicas) nas Relacións, que foi anunciado polo Concello no pasado Día de San Valentín.
A inscrición neste certame poderá realizarse no número de teléfono 982 58 11 41, no enderezo de correo electrónico casaxuventude@burela.org ou de novo presencialmente na Casa do Concello.
“Ambas iniciativas van na mesma liña, xa que a intención é dinamizar este tipo de certames para que teñan unha gran participación e tentar concienciar e chegar a capas cada vez máis amplas da sociedade”, conclúe o edil.























A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



