Os populares tamén teñen trasladado ao último pleno as queixas de empresas locais porque “o goberno local nin sequera lles solicita presuposto para contratos menores”, senón que “prefire firmar con empresas doutras localidades ou provincias”
Burela, 6 de marzo de 2024. Os concelleiros do PP de Burela cren que “a señora López Moreno parece estar máis preocupadas pola súa proxección persoal que por solucionar os problemas do día a día da veciñanza de Burela”. Así o entenden tras votar o goberno local de PSOE e BNG en contra de que o Concello leve a cabo a limpeza das fontes municipais e priorizar a contratación de empresas locais nos casos nos que é posible, é dicir, cando se trata de contratos menores.
Os populares consideran “inconcibible” que o goberno local se negue a aceptar as peticións dos propios veciños e veciñas e que incluso amose publicamente o seu rexeitamento a cumprir cun asunto que é da súa competencia como é a limpeza, saneamento e salubridade das fontes públicas municipais”. Ante a falta de actuacións por parte do goberno bipartito son os propios veciños os que están a facer estas tarefas para poder facer uso destas fontes públicas”.
As dúas iniciativas foron ao pleno da man do Grupo Municipal Popular que non entende que “PSOE e BNG rexeiten ambas actuacións que non supoñen grandes esforzos por parte do goberno local, nin a nivel económico nin de xestión”, puntualizan. Deste xeito, os concelleiros do PP cren que “queda demostrada a súa incapacidade para abordar os asuntos do día a día da actividade municipal”.
Os populares tamén pedían no último pleno que “o Concello priorizase a contratación de empresas locais cando é posible que é o caso dos contratos menores”. Así o trasladaron tras recibir queixas de empresas de Burela que, “tendo a cualificación axeitada para determinados traballos, nin sequera recibiron unha chamada para solicitarlles presuposto e preferiron contratar empresas doutras localidades e incluso doutras provincias”. Para os populares “con este proceder non se contribúe a facer máis forte o tecido económico e empresarial de Burela”.
PROMESAS SEN CUMPRIR
Os populares indican tamén que “a pesar dos posados e anuncios que fai a alcaldesa socialista na prensa, a realidade é que a ausencia de determinadas decisións que deberían ser urxentes e non acaba de tomar poñen de manifesto a súa incapacidade para xestionar o Concello”.
Así o apuntan ante o incumprimento dalgunhas promesas electorais como a solución ao mercado semanal dos venres ou a mellora prometida nas instalacións deportivas da Marosa.
Os populares lembran que “os comerciantes ambulantes levan anos reclamando unha solución para o mercado semanal dos venres que supuxo un descenso de vendas tras ser trasladado a Torrentes”. Pero, “a pesar de que o goberno local se comprometera a estudar a súa celebración no centro da vila de forma que contribúa á dinamización social e económica da vila, máis de sete meses despois de constituírse este novo mandato, a situación segue sen solucionar”.
“O arranxo da grada do campo municipal e do campo de fútbol de herba artificial da Marosa tamén é outra das promesas ás que o goberno bipartito aínda non deu cumprimento”, unhas actuacións moi demandadas tendo en conta o importante número de usuarios destas instalacións deportivas.























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



