“Quedou claro que é imposible o cambio en Galicia se non o lidera o Partido Socialista”
Lugo, 9 de marzo de 2024. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia, José Tomé Roca, subliñou no Comité Provincial de Lugo celebrado este sábado que “estamos nun momento no que toca mirar para adiante, traballar de pico e pala no Parlamento e no territorio co equipo e co proxecto de Besteiro para remontar, para que dentro de catro anos sexamos capaces de ser unha alternativa real para presidir a Xunta de Galicia e rematar con case 20 anos de goberno do PP. Xa temos experiencia porque de 13 deputados pasamos a 25 con Touriño, e temos que ser capaces de volver a facer o mesmo”.
José Tomé asegurou que os socialistas “debemos perfilar e definir un proxecto que encabece Besteiro, serio, sólido e solvente, un proxecto do PSdeG, galeguista e leal co conxunto do Partido Socialista, pero galeguista”. “Toca axudar a conectar coa sociedade galega, coa xuventude, cos sectores económicos, culturais e sociais deste país”, incidiu.
O líder dos socialistas chamou a “facelo xa”, lembrando que no Comité Nacional Galego de hai unha semana o Secretario Xeral, Valentín González Formoso, anunciou a convocatoria de primarias para o día 7 de abril e un Congreso extraordinario para o día 27 do vindeiro mes, no cal tomará o relevo o compañeiro Besteiro para liderar o noso proxecto tanto no Parlamento, como no partido, e dende logo contará co noso apoio”.
Nun Comité Provincial de Lugo convocado para analizar os resultados das eleccións autonómicas, José Tomé afirmou que na campaña, tanto o PSdeG coma Besteiro, “tivemos demasiados factores en contra: falta de tempo para explicar o noso proxecto aos galegos e galegas, unha situación política xeral moi desfavorable, os medios públicos que condicionaron á opinión pública, unha polarización da campaña en clave estatal e un bombardeo constante de que o voto útil era votar ao BNG e quedou claro que non é así”. “Todos estes elementos conformaron un escenario moi complicado para o Partido Socialista”, indicou.
O Secretario Xeral do PSdeG na provincia recalcou que nas eleccións autonómicas “quedou claro que é imposible o cambio en Galicia se non o lidera o Partido Socialista”, chamou á “tranquilidade nas accións e nos cambios que hai que levar a cabo” e recalcou que os socialistas “temos os bimbios suficientes para levantar” os resultados do partido.
José Tomé rematou a súa intervención “agradecendo a xenerosidade de Valentín González Formoso dando un paso ao lado e poñéndose a disposición de Besteiro para colaborar e axudar en todo o que precise, apoiando sen fisuras”.



















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



