Ribadeo, 20 de marzo, 2024. O BNG de Ribadeo valora a sesión deste martes: “No pleno deste martes 19 de marzo puidemos comprobar unha vez máis que o goberno municipal do PP non ten capacidade para gobernar ben o concello. Para gastar sen xeito e sen traza, si; para solucionar os problemas da xente, semella que non. A súa obsesión por marcar diferenzas co anterior goberno municipal do BNG leva ao PP de Ribadeo a desfacer todos logros dos anteriores mandatos, e mesmo a crear problemas onde antes non os había”.
“De cara á Semana Santa, as actividades de lecer para a rapazada van sufrir un radical cambio de enfoque: segundo palabras pronunciadas no Pleno polo concelleiro de deportes e mocidade, Francisco Silvent, estas novas actividades van estar enfocadas cara aos nenos e nenas e a mocidade que poidan ter problemas. Elimináronse as actividades de conciliación que que todos os anos organizaba o Concello para sustituílas por outras de libre acceso, que no caso dos máis pequenos restrínxense a dous días en horario de tarde. Desde o BNG sempre apostamos por actividades para toda a rapazada e tendo sempre en conta que un dos obxectivos fundamentais é a conciliación familiar. Meterse en aventuras sen un mínimo de experiencia comporta riscos. Pero ao goberno municipal, con tal de se diferenciar do anterior goberno, élle igual”.
“Por outra banda, atender os problemas reais da xente resúltalles bastante complicado. O falar non ten cancelas, pero traballar con eficacia é máis complicado. Que llo digan ás xentes de Remourelle que ven como os estragos causados polo último temporal na súa escola (e xa vai case un mes) seguen sen ser atendidos. O BNG de Ribadeo preguntou por este tema no pleno e o goberno non tivo máis remedio que comprometerse ao seu arranxo o máis axiña posíbel. Estaremos á espera. E de non cumprir coas súas obrigas cara á veciñanza de Remourelle, volveremos sacarlle as cores”.
“Tamén lle esiximos explicacións ao goberno municipal do PP sobre o uso do vehículo de protección civil para actividades que non se corresponden co estipulado pola normativa vixente. Pero para este goberno, todo o que eles fan está ben. Pretenden usar de xeito indiscriminado o vehículo de protección civil para actuacións do concello ignorando que, en caso de necesidade por mor dunha urxencia, non vai estar dispoñíbel no momento que faga falta. Pensen nunha urxencia en Piñeira e que o coche estea ocupado con traballos do concello en Piñeiro. O tempo de reacción vaise ver ben agrandado. Pero ao goberno municipal pouco lle importa se con este uso indebido tapa un remendo”.
“Pero o despropósito maior puidérono padecer un grupo de mulleres que participaron nunha xornada no balneario de Cuntis. Desde o concello comentaron que foi unha xornada de risas e complicidades, na que fortaleceron os lazos de sororidade. Pero a realidade foi ben outra: acabaron asistindo baixo presión emocional a unha actividade comercial. Como é posíbel que as persoas alí presentes tivesen que escoitar, de parte das persoas que organizaban esa charla, que había que asistir pois era a maneira de pagar a actividade? Como é posíbel que a concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra, alí presente, non se fixera valer e defendera ás veciñas que participaban nesta actividade, fronte ás presións da empresa organizadora deste evento? Por certo, seguimos sen saber cal foi a empresa que organizou esta charla comercial. É esta a capacidade de xestión do goberno municipal da que tanto presume o alcalde?”.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



