Comezará no propio día 8 de marzo co acto institucional do Día Internacional da Muller ás 12:30 na praza Maior
Viveiro, 1 de marzo de 2024. O Concello de Viveiro presenta a súa programación do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
A alcaldesa María Loureiro convida a veciñanza “a participar nas actividades para conmemorar esta data tan sinalada e importante, para seguir loitando pola igualdade plena entre homes e mulleres e construír deste xeito unha sociedade mellor”.
Pola súa banda, a concelleira de Muller e Igualdade, Lara Fernández Fernández-Noriega, destaca a importancia de conmemorar este día “para recoñecer tanto os avances feitos ata o momento en materia de igualdade de xénero e feminismo como para reivindicar os que aínda están por facer”.
A programación comezará o propio día 8 de marzo co acto institucional do Día Internacional da Muller e a lectura do manifesto ás 12:30 na praza Maior.
Ao día seguinte, o sábado 9, terá lugar ás 20:30 a representación da obra ‘Boa sorte, mala fama’ no Teatro Pastor Díaz ás 20:30, e, ás 22:00, unha cea de irmandade de mulleres no Restaurante Louzao (Area).
Paralelamente, ata o día 16 de marzo estarán dispoñibles para a súa visita as exposicións do IX Concurso de Debuxo Escolar “Mamá Traballadora” na Biblioteca Municipal e do IV Concurso de Fotografía Amateur “Mulleres e Traballos” nos comercios adheridos ao Casco Histórico de Viveiro.
Do 1 ao 15 de abril estará dispoñible unha nova exposición, “Chicas nuevas 24h” de Mabel Lozano, na sala multiusos do Concello, financiada pola Rede de Entidades Locais Contra a Violencia de Xénero. O alumnado de 3º da ESO do IES Vilar Ponte visitará a mostra o 3 de abril.
Ademais, ata o 28 de maio desenvolverase o obradoiro sobre “Acoso Escolar ou Sexual e Redes Sociais” dirixido ao alumnado dos IES María Sarmiento e Vilar Ponte, que comezou o pasado día 23 de novembro.
Tamén continuarán ata o 30 de maio as sesións do Clube de Lectura “En Feminino” a cargo da actric Estíbaliz Veiga, que comezaron o 26 de outubro.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



