As actuacións incluíron a instalación dunha grada cuberta, banquiños e novas luminarias no campo de herba artificial
O Valadouro, 3 de abril de 2024. O Vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable de Deportes Efrén Castro e o deputado de Mocidade Daniel García visitaron o campo de fútbol do Árbol, onde a Concellería de Deportes do Valadouro realizou diferentes melloras co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Acompañados polo tenente alcalde do Valadouro, Eduardo Chao, e polo concelleiro de Deportes, Eliseo Teijeiro, comprobaron as actuacións que se desenvolveron nos últimos meses, para mellorar a confortabilidade e a seguridade do campo de herba artificial, empregado polos equipos das categorías de base da Asociación Deportiva Río Ouro, que concentra boa parte da actividade deportiva no concello.
A obra principal foi a instalación dunha grada cuberta nun dos laterais do campo, para albergar ás familias e persoas afeccionadas que se achegan aos partidos e os adestramentos. Ademais, colocáronse dous banquiños de 8 prazas e redes de protección no perímetro do recinto -a carón da LU-152 –, e repuxéronse as cantoneiras de madeira que protexen o bordo das beirarrúas que rodean o campo. Tamén se renovou o alumeado coa instalación de novos focos máis eficientes e con maior intensidade lumínica.
Eliseo Teijeiro explicou que “as melloras se foron realizando de forma progresiva, desde a instalación da grada ata a renovación do alumeado, cun investimento total de 112.000 euros para o que contamos coa colaboración da ára de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo” e remarcou que “para nós é unha prioridade que as nenas e nenos do municipio, e a veciñanza en xeral, poidan divertirse e practicar deporte nas mellores condicións posibles, polo que seguiremos modernizando e adaptando o recinto ás súas necesidades ”.
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro destacou que “unhas infraestruturas seguras e que respondan as necesidades dos usuarios e usuarias facilitan a práctica do deporte, sobre todo nas categorías de base” e lembrou “que este tipo de investimentos en colaboración cos concellos complementan o apoio que desde a Vicepresidencia da Deputación se presta ao tecido deportivo de base e afeccionado, sobre todo a través das subvencións de concorrencia competitiva destinadas ao gastos de actividade dos clubs e entidades deportivas”.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
