Os populares reivindican “un reparto igualitario” e por iso condenan que “o goberno provincial reparta nun trimestre cuns poucos Concellos afíns practicamente a mesma cantidade que o presidente prometeu subir ao Plan Deputación para todos ao longo dos catro anos de mandato”
Luns, 8 de abril de 2024. “Tomé e o goberno de PSOE e BNG deixaron claro, unha vez máis, neste primeiro trimestre do ano 2024 que non gobernan para todos os concellos da provincia nin para tódolos lucenses”. Así o afirma o portavoz do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, tras analizar os convenios que o presidente da Deputación deu a dedo no primeiro trimestre do ano -aprobados en xunta de goberno ou vía decreto- a Concellos gobernados por PSOE e BNG e que suman preto de 900.000 euros (865.814,72 euros).
O goberno provincial aprobou en xunta de goberno no primeiro trimestre do 2024 dous convenios con Concellos gobernados polo PSOE (Pol e Xermade) e un polo BNG (A Pobra do Brollón) que suman preto de 245.000 euros (244.920,25€). E o presidente autorizou, vía decreto, convenios con tres gobernados polo PSOE (A Fonsagrada, Ourol e Monforte) e un polo BNG (Samos) que suman máis de 620.000 euros (620.894,47€).
Ameijide subliña que “PSOE e BNG continúan a empregar a Deputación de Lugo como a súa chequeira particular”. De feito, incide en que “este goberno segue instalado no seu municipalismo de amiguetes, marxinando a máis da metade dos Concellos da provincia de Lugo soamente porque os seus veciños decidiron que a mellor opción para dirixir o seu municipio era o Partido Popular”.
SECTARISMO E INSOLIDARIEDADE
“O sectarismo e a insolidariedade non son nada novo para este goberno provincial que parece esquecer que unha das principais funcións da Deputación é a cooperación cos Concellos, especialmente cos máis pequenos”, subliña o voceiro do Grupo Popular na Deputación de Lugo.
De feito, “PSOE e BNG seguen a liña do ano 2023 cando destinaron case 15M€ (14,7M€) en 93 convenios -aprobados en xunta de goberno- que tiveron como beneficiarios, practicamente en exclusiva, a Concellos gobernados por PSOE e BNG”. E, ademais, “co Plan Deputación -antes denominado Plan Único- decidiron beneficiar aos 5 municipios máis grandes con 50.000 euros máis para cada un; mentres conxelaron ou reduciron as achegas aos restantes 62”, explica o popular.
Ameijide engade que “se dá a casualidade de que, deses 5, 4 están gobernados polo PSOE e outro por un ex socialista. Pero, ademais, un deles é o Concello no que Tomé é alcalde e para o que vén de autoasinar un decreto polo que autoriza un convenio co Concello de Monforte para achegar outros 600.000 euros”. É dicir, dirixe ao seu Concello o 69% dos fondos outorgados a dedo neste trimestre entre Concellos da provincia afíns a Tomé”.
“E por se fora pouco, a cantidade que reparte a dedo o presidente cuns poucos Concellos afíns nun só trimestre é practicamente a mesma cantidade (1M€) que anunciou que subiría durante os catro anos de mandato o Plan Deputación dirixido a tódolos Concellos”, engade o popular.
REPARTO IGUALITARIO
“Fronte á política sectaria do goberno provincial que parece que se esquece que unha das funcións principais da Deputación é a de cooperar cos Concellos, especialmente cos máis pequenos”, os populares reivindican “un reparto igualitario entre todos os concellos” e por iso teñen reclamado en varias ocasións aumentar o Plan Deputación para tódolos Concellos nun 30% sufragado cos cartos que o presidente reparte a dedo entre os gobernados polos seus afíns. Este si sería un reparto xusto”, conclúe.



















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



