O popular advirte do “desmantelamento” pola “falta de persoal” e a redución de frecuencias nun 60%: “agora hai 4 diarias mentres que no 2018 había 10 e daquela os alcaldes de PSOE e BNG manifestábanse, pero agora parece que quedaron mudos”
Lugo, 5 de abril de 2024. O deputado mariñán, José Manuel Balseiro, advirte que o Goberno de Sánchez volve a incorrer nunha situación de discriminación con Galicia. De feito, mentres na nosa Comunidade inviste 0€ na modernización do FEVE, en Asturias vén de anunciar un investimento de 65 M€ mellorar a liña entre Xixón e Ribadeo, unha cifra que se eleva ata o 128M€, se lle engadimos o investimento nas obras que están en marcha nese mesmo traxecto asturiano”. Por iso, o Grupo Popular presentará iniciativas no Parlamento galego para instar ao Goberno de España a “dar o mesmo trato a Galicia -no tramo entre Ferrol e Ribadeo- que a Asturias”.
Os populares piden, concretamente, que o Executivo estatal estenda a Galicia os investimentos dirixidos á mellora da sinalización e modernización da rede de ancho métrico, como mínimo, nas mesmas condicións que nos treitos asturianos. Balseiro lembra que o treito galego está moito máis necesitado de inversións xa que “a liña que discorre entre Ferrol e Ribadeo é das máis antigas de España e está sen electrificar”.
A iniciativa contempla ademais outras tres demandas: que se “recuperen as frecuencias que tiñamos antes da pandemia e que aínda non están operativas”, intensificar as labores de mantemento, “para que os trens non teñan que pasar por debaixo das silvas e toxos que cruzan a vía” e que o Goberno central “dote a FEVE de máis persoal, porque se foron amortizando prazas e non se cubriron vacantes”.
Pero este non é o único caso de discriminación a Galicia. De feito, Balseiro lembra que “mentres en Asturias e Cantabria se viaxa gratis no FEVE porque o Goberno de Sánchez acordou con estas comunidades compensalas polo erro dos 31 convois encargados que non collían polos túneles, en Galicia hai que pagar a pesar de estar na mesma liña”. É dicir, “o billete en Ribadeo hai que pagalo, pero en Vegadeo -a uns 10 km- xa viaxan gratis”.
REDUCIÓN DO 60% DAS LIÑAS ANTE O SILENCIO DE PSOE E BNG
Balseiro advirte tamén do “desmantelamento” da liña de FEVE poñendo como exemplo a falta de persoal e a redución de frecuencias con respecto ao ano 2018. “Cando Sánchez entrou no Goberno, nesta liña había 10 frecuencias -5 pola mañá e 5 pola tarde cara a Xixón e Ferrol-, pero na actualidade só hai 4 -2 pola mañá cara a Ferrol e Xixón e 2 pola tarde. É dicir, reducíronse máis do 60% das liñas e frecuencias con respecto ao 2018”, subliña.
“Daquela os alcaldes de PSOE e BNG manifestábanse, pero agora parece que quedaron mudos”- asegura Balseiro.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



