Os máis pequenos terán que facer un marcapáxinas, os comprendidos entre 7 e 11 anos terán que continuar unha historia e os maiores de 12 poderán elixir entre contar unha anécdota familiar ou proseguir outra historia
Cervo, 23 de abril, 2024. O Concello de Cervo celebra un concurso en conmemoración do Día do Libro, que se celebra este martes, 23 de abril.
Os participantes están divididos en tres categorías diferentes en función da súa idade.
Os máis pequenos, comprendidos entre os 3 e os 6 anos, terán que facer un marcapáxinas.
Os nenos e nenas comprendidos entre os 7 e os 11 anos, terán que continuar a seguinte historia: “Todo se torceu o domingo a mediodía cando Xoves, o cuarto anano de Brancaneves, non aparecía por ningures. Os recordos de Brancaneves cos seus sete ananos eran ledos e con centos de aventuras divertidas e incribles, que resultaba moi triste pensar que xa non volvería ser así. Por iso, toda a vila das Neves…”
Os maiores de 12 anos poderán elixir entre contar unha anécdota familiar ou proseguir a seguinte historia: “Nunca vira tan calada a cidade como aquela noite, ata as luces da rúa parecían sospeitar o que estaba a piques de pasar, e eu como de costume…”
Os traballos deberán enviarse mediante unha foto ao correo electrónico prensa@concellodecervo.com ou a través do whatsapp do teléfono 683315939 ata o luns 29 de abril
Deberán conter nome e apelidos do participante, idade, teléfono e correo electrónico. No caso de ser menores de idade, o nome e a idade dos participantes deberán ir acompañados do nome e do teléfono do pai/nai/titor/a.
Os traballos gañadores serán elixidos por un xurado e serán publicados o xoves, 2 de maio nas redes socias municipais.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



