Ribadeo, 10 de abril de 2024. Estes días deron comezo as obras da estrada de acceso á Illa Pancha. O investimento ascende a 90.000 euros e o prazo de execución será de tres meses. O alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Obras, Diego Dos Santos, e o presidente da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, Francisco Barea, supervisaron esta mañá os traballos.
Barea dixo: “estamos aquí en el Faro de Illa Pancha para ver cómo va el desarrollo de las obras que empezamos hace unos días. Yo creo que van a suponer una mejora importante en el acceso a Illa Pancha y una continuidad con lo que ya tenía hecho el Concello de Ribadeo”.
O presidente da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao tivo palabras de agradecemento para o Concello ribadense: “agradecer las ayudas que hemos tenido por parte de la Alcaldía para el desarrollo de esta obra. Fue una petición que nos había hecho el alcalde, porque era muy importante esta continuidad. La hemos acabado, la hemos preparado y ahora está en ejecución. Es una obra de tres meses, que se va a acabar muy pronto porque es sencilla y tiene un presupuesto de 90.000 euros”.
Francisco Barea considera que “será un buen avance y creo que quedará acorde a lo que es, es una zona preciosa y esperemos que esto le de vida, tanto al propio faro como a toda la gente que quiera venir a Ribadeo a pasear por esta zona, que es muy bonita y muy de visitar”.
O rexedor declarou: “desde o Concello agradecemos ao presidente da Autoridade Portuaria que se desprazara a supervisar estas obras, que nos desde que chegamos ao goberno municipal reivindicamos por activa e por pasiva. Queriamos evitar calquera tipo de confrontación. Nosoutros non queremos vallas de confrontación, o que queremos é que as administracións invistan en Ribadeo e creo que o estamos a conseguir”.
Vega indicou que “son unhas obras fundamentais, prioritarias e como dicía o presidente da Autoridade Portuaria nun entorno idílico, nun espazo natural que debemos promocionar. Para facer calquera tipo de promoción turística debemos ter os entornos ben arranxados, ben adecuados e facer a conservación e o mantemento durante o tempo. Non é unha cousa de agora, de vir aquí con palas e arranxar e esquecernos. Hai que facer un mantemento continuo, ese traballo de supervisión sobre cómo se atopan os nosos espazos naturais e a Illa Pancha hai pouco como observábamos como todo o mundo se desprazaba ata aquí ver a bravura dese mar e a eses surfeiros que viñeron aquí a Ribadeo”.
Para o alcalde de Ribadeo “debemos ter un acceso axeitado, nun espazo público como é este. E o Concello e a Autoridade Portuaria colaborarán durante meses e se podemos seguir mellorando certas cousas moito mellor. Estes máis de 90.000 euros é outra inversión que ven para Ribadeo”.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



