En concreto, mellorouse a accesibilidade, a rede de saneamento e o pavimento da Avenida de Galicia e da Rúa Xosé María Cao no núcleo cervense con fondos municipais
Cervo, abril de 2024. O Concello de Cervo vén de finalizar os traballos de mellora das arterias de comunicación do núcleo de Cervo co obxectivo de mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria nesta zona tan transitada.
Tal e como explicou a alcaldesa, Dolores García Caramés, “a obra afectou á Avenida de Galicia e á Rúa Xosé María Cao (no tramo Av. de Galicia-Centro de Saúde), cuxo ámbito de actuación supera os 7000 m2 e supuxo un orzamento que supera os 200.000 euros -212.134,78 euros concretamente- procedentes de fondos propios do remanente de tesourería” supuxo unha mellora do firme, da accesibilidade e tamén da rede de saneamento, en varios tramos da zona.
Os traballos consistiron na renovación do firme, mellorando as condicións para a circulación rodada, na renovación da sinalización horizontal e do mobiliario urbano; e tamén se fixo unha distición do tráfico rodado e do peonil ante o edificio municipal do GES e da Policía Local mediante a execución de beirarrúas. Así mesmo, procedeuse á eliminación parcial da rotonda central existente na Av. de Galicia para posibilitar o cruce dos vehículos que circulen en sentido descendente pola avenida cara a rúa do Vilar, coa correspondente renovación da rede de saneamento nesa zona.
Caramés precisou que con esta actuación incidimos tamén no concepto de humanización, como vimos facendo en todas a novas actuacións que levamos a cabo; “co obxectivo de facer as nosas vilas máis accesibles e seguras para a veciñanza”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



