Ribadeo, 24 de abril de 2024. Alimentos con superpoderes, do campo ao cole, é a denominación dunha actividade que promove o Concello de Ribadeo en colaboración cos centros educativos, A Sucadoira e Eo Alimenta. Deu comezo hoxe no mercado semanal co obxectivo de poñer en valor o produto de proximidade e o sector primario.
O alcalde, Dani Vega, dixo: “quero trasladar un agradecemento profundo por seguir colaborando co Concello para apoiar un sector primario que debemos apoiar todos os días, non soamente unha vez, senón ter actividades que os conecten cos máis mozos”.
O rexedor comentou que “todos sabemos que temos ganderías de leite e de carne, temos hortas e os produtores, esas persoas que viven dese sector. Nos queremos poñer en valor o produto e unha forma de vida”.
Vega anunciou que este programa inclúe diferentes actividades: “haberá varias actividades como unha mostra dos superpoderes da alimentación de proximidade. Aquí queremos lanzar a mensaxe de come, actúa e impacta, é dicir compra produto de proximidade, actúa en consecuencia e o impacto que deixamos ao facer esa compra”.
O alcalde subliñou que “comprar produtos de proximidade é apoiar aos placeiros de Ribadeo, é apoiar o mercado dos mércores e dos domingos. Debemos conectar ao alumnado con visitas. Cultivando sabores, coñecendo experiencias locais, o que dicía debemos trasladar ás nenas e aos nenos ata unha explotación gandeira ou ata unha horta para que coñezan a realidade do sector. Imos facer degustacións do produto como MasterChef de produtos locais de proximidade, cociñando para un mundo mellor. Imos facer hortos nos centros educativos e tamén van visitar a escola Pedro Murias e terán conexión con moitas realidades que moitos nenos e nenas non coñecen e deben formarse nunha maneira de vida apoiando a un sector como este e ás persoas que viven dese sector”.
Vega engadiu que “os produtos de proximidade que lle compremos á Sucadoira vanse envasar e vanse entregar aos centros de ensino para o seu consumo alí. Son unhas xornadas moi interesantes, que se desenvolverán ao longo de todo o curso 24/25 para poñer en valor un produto, unha forma de vida e un sector como é o primario”.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



