Mañón, 24 Abril, 2024. Un particular alertou deste suceso pouco despois das 00:20 horas da madrugada, logo de que o traballador caese cando estaba cortando unha árbore. A persoa que chamou ao 112 Galicia tamén indicou que o ferido non parecía estar atrapado mais si precisaba asistencia sanitaria, polo que se informou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
De igual maneira, os xestores do 112 Galicia tamén avisaron do accidente á Garda Civil da Coruña e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mañón. Tamén tivo coñecemento disto Adif, empresa responsable da administración de infraestruturas ferroviarias.
Xa no punto, os voluntarios de Protección Civil indicaron que o traballador mancara unha man e levara un golpe na cabeza. Pese a que caeu na vía, sobre ela había unhas ramas dunha árbore que puideron amortecer o impacto.
Finalmente, a persoa tivo que ser trasladada en ambulancia ata o hospital de referencia polos profesionais das Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



