Ribadeo, 30 de maio de 2024. A historiadora da USC Pilar Cagiao será a pregoeira do IX Ribadeo Indiano. O evento, que foi presentado hoxe na vila ribadense, será promocionado mañá, 31 de maio, en Santiago e o 7 de xuño en Oviedo.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, explicou que “a novena edición do Ribadeo Indiano vai ser presentada este venres, 31 de maio, en Santiago de Compostela, coa asistencia do conselleiro de Cultura, José López Campos, e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, así como unha delegación do equipo de goberno municipal e de Acisa. E o 7 de xuño daremos a coñecer este evento no Ayuntamiento de Oviedo”.
A edil sinalou que “as actividades previas ao Ribadeo Indiano arrincarán xa o vindeiro 15 de xuño. Están programadas diferentes visitas guiadas, obradoiros de repostería para o sector hostaleiro e para as familias así como diversas obras teatrais. De todo isto iremos dando conta na páxina web oficial do Ribadeo Indiano”.
Saiz dixo que “desde a organización ao longo dos vindeiros días poñerémonos en contacto co sector hostaleiro para coñecer a oferta gastronómica que teñen previsto ofrecer durante o Ribadeo Indiano”.
A concelleira de Turismo e Comercio manifestou: “e xa podemos adiantar tamén que na sede electrónica do Concello están colgadas as bases para participar no Mercado de Ultramar, que se desenvolverá na rúa San Roque o sábado 13 de xullo. O prazo de inscrición está aberto ata o día 12 de xuño”.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que “esta edición do Ribadeo Indiano leva como título: Alma de dous mundos e será a historiadora da USC, experta na emigración, Pilar Cagiao, a que pregoe este evento cultural e comece a meternos en ambiente. No pregón actuará o coro Sagrado Corazón interpretando músicas destes dous mundos dos que falamos. Seguindo a liña debuxada pola profesora Cagiao, estarán as conferencias desta edición dedicadas á gastronomía e as cartas de ida e volta entre outros temas”.
A edil ribadense contou que “o sector servizos do noso concello é moi bo, pero imos tentar axudarlles un pouco ás persoas que non atopen onde comer nesa finde. Unha das novidades desta edición será un servizo de catering que servirá menús indianos. Estará situado no Centro Sociocomunitario, a carón do Concello”.
E engadiu: “a música será parte importante do Indiano, coma sempre, con concertos todos os días. O máis esperado é o do domingo que chega de Alén Mar, na voz do dominicano Vicente García, gañador de 3 Latin Grammy no 2017, 2 no 2019 e outro no 2023. Vémonos nas rúas gozando do Ribadeo Indiano”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, comentou que “milleiros de persoas vanse achegar do 12 ao 14 de xullo para gozar do noveno Ribadeo Indiano. A ocupación hoteleira é xa moi alta nestes momentos ao igual que as reservas para xantar e cear eses días na nosa vila. As persoas que aínda non teñan sitio para durmir ou para comer esas xornadas en Ribadeo, que non se demoren… O Ribadeo Indiano enche todos os aloxamentos deste concello, pero tamén os dos municipios próximos tanto da Mariña como do Occidente asturiano”.
E subliñou que “estamos diante da fin de semana mais importante do ano para a hostalaría e de días moi intensos para as costureiras, para as tendas de roupa e de calzado, para as mercerías, para as tintorerías… Falta mes e medio, pero aquí xa hule a Ribadeo Indiano. Comeza a conta atrás”.
No acto de presentación do IX Ribadeo Indiano participaron o alcalde, Dani Vega, as concelleiras de Turismo e Cultura, Marta Saiz e Begoña Sanjurjo, así como a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.
Toda a programación das xornadas previas así como o programa do IX Ribadeo Indiano irase colgando na páxina web oficial do evento e nas súas redes sociais.





















Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Ao acto, que tivo lugar diante da sede da institución provincial, asistiron deputados e deputadas, membros da corporación provincial e empregados públicos, que gardaron un minuto de silencio como mostra de respecto e solidariedade coas persoas afectadas pola catástrofe. A Deputación quixo así unirse ao chamamento realizado pola FEMP en toda a España, expresando o seu apoio ao pobo venezolano nestes momentos de especial dificultade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.



