Ribadeo, 30 de maio de 2024. Hoxe foron presentados na Casa do Concello os tres torneos organizados pola SD Ribadeo que se disputarán os días 1, 2, 8, 9, 15 e 16 de xuño. Participarán unha media de 60 equipos en cada torneo, uns 1.000 xogadores e máis de 2.000 acompañantes cada fin de semana, segundo destacou o presidente do club organizador, Valentín Coto. No acto de presentación tamén interviñeron o deputado provincial de Mocidade, Dani García; o xefe territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero; a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado: e o alcalde de Ribadeo, Dani Vega.
O presidente da SD Ribadeo, Valentín Coto, explicou que “estamos procediendo a la presentación del quinceavo torneo infantil SD Ribadeo, a la vez que el decimonoveno torneo alevín y el decimonoveno torneo benjamín y prebenjamín, que se van a disputar durante el primer, segundo y tercer fin de semana de este mes de junio. Creemos que son los torneos más multitudinarios que tiene la SD desde su existencia”.
Coto destacou que “tenemos una media de 60 equipos por torneo, más o menos, con una media de mil jugadores para cada uno de los fines de semana, lo que implica que vengan del orden de 2.000, 3.000 personas entre padres, familias, abuelos, etc”.
E engadiu: “contaremos con equipos de todo el norte de España: Cantabria, Asturias, Galicia… y también tenemos equipos portugueses y este año hay un equipo del Reino Unido. Queremos dar las gracias a Acisa, a la Xunta, a la Diputación de Lugo, al Iberia Club de Fútbol por la cesión del Campo de As Valgas, al Ayuntamiento de Castropol, especialmente al Concello de Ribadeo, en especial al concejal de Deportes y al técnico de Deportes, al alcalde, por haberse entregado completamente al torneo y puesto a nuestra disposición todos los medios necesarios, a los padres y madres que son fundamentales para sacar esto adelante, a los colaboradores y animar a todo el mundo que se acerque al Pepe Barrera, al Campo de As Valgas en San Miguel, al Campo de Outeiro en A Devesa y al Campo de Trénor en Barres, para disfrutar de estos días de convivencia, de amistad y de deporte para todos”.
O deputado provincial Dani García manifestou que “dende a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, estamos encantados de poder colaborar un ano máis con este torneo que xa supera moitas edicións. É un torneo que xa transcende o ámbito deportivo, por que xa é un referente a nivel non só de Ribadeo, senón de toda A Mariña, provincia, e tamén xa a nivel internacional”. E indicou que este evento “para Ribadeo é un impulso que fa e que sexa un referente nestes fines de semana e que nos esteamos encantados de colaborar porque temos que apostar pola canteira e este tipo de eventos son os axeitados para apostar”.
O xefe territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, felicitou á organización e ao Concello pola aposta do deporte os 365 días do ano e pediulles aos afeccionados: “que veñan disfrutar do fútbol, do deporte, pero que veñan a disfrutar tamén do que é a cultura, a patrimonio e a gastronomía. Creo que é algo moi importante para dinamizar economicamente a Ribadeo e os seus arredores”. E dixo: “para a SD parabéns de verdade polo traballo que estades a realizar durante todo o ano no que é a temporada deportiva e parabéns por sacar unha nova edición, xa son moitas, deste torneo dun deporte que queiramos ou non é o rei. Temos que pensar que alí na Xunta de mil cen clubs que temos rexistrados, practicamente o 40% correspóndense co deporte do fútbol. E nada, dar a noraboa á organización. Eu non é que non aposte polo fútbol adulto, pero encántame estes torneos, é de verdade agardamos que sexa todo un éxito”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, declarou: “desde Acisa queremos felicitarvos polo traballo realizado ao longo do todo ano. É moi importante inculcarlles eses valores do deporte aos máis pequeniños desde idades ben temperás. E creo que para Ribadeo estes tres fins de semana van ser moi importantes polo que supoñerán para a dinamización económica do noso municipio: para a hostalería, para os hoteis, pero tamén para o comercio. Estamos en xuño, a piques de iniciar a tempada alta, e creo que vai a ser un mes moi potente grazas a celebración destes torneos, unha vez máis organizados pola SD. Agardamos que sexan un éxito, estamos dende Acisa encantados de colaborar e esperamos seguir estando aí con vos”.
O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, destacou o traballo da SD Ribadeo así como a implicación e dedicación do concelleiro Francisco José Silvent e do técnico municipal de Deportes, Iván López. E aproveitou a ocasión para reclamar o apoio da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia para poder mellorar as instalacións deportivas de Ribadeo: “estamos facendo un estudio en detalle das instalacións. Valentín xa o sabe, no campo de fútbol, tamén no pavillón, sobre distintas inversións que vamos ter que facer nos próximos anos, que son moi importantes para Ribadeo. Polo tanto, o esforzo que fai o Concello, cun presuposto limitado, teñen que entender as dúas administracións que hoxe están aquí, tanto a Deputación como a Xunta de Galicia, que se teñen que comprometer no ámbito das infraestruturas tamén en Ribadeo. Levamos anos de escaseza e polo tanto agora creo que o efecto inversor é moi importante e van ter oportunidade de demostrar todo o que queren facer nos próximos anos”.
Á presentación dos torneos da SD tamén acudiron concelleiros da corporación municipal ribadense, o técnico de Deportes e o xerente de Acisa.





















A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



