O segundo tenente de alcaldesa Jesús Fernández sinalou que a feira “servirá para dinamizar o grande atractivo turístico de Viveiro, dando a coñecer as dúas festas e os demais recursos do municipio”
Viveiro, 30 de maio de 2024. O Concello de Viveiro está a participar no salón turístico de Galicia, Turexpo, cun stand propio, co obxectivo de amosar o potencial turístico do municipio.
O evento estase a celebrar en Silleda, dende hoxe, mércores 30 de maio, e ata o domingo 2 de xuño, no marco da celebración da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. A sección FESTUR, na que se encadra o stand de Viveiro, está adicado ás festas declaradas de interese turístico.
No caso de Viveiro estas son a Semana Santa, festa de interese turístico internacional, e tres celebracións declaradas de interese turístico de Galicia: a Romaría de Naseiro, a Rapa das Bestas e a Festa da Merluza do Pincho de Celeiro.
A inauguración do stand contou coa presenza do segundo tenente de alcaldesa Jesús Fernández, que sinalou que a feira “servirá para dinamizar o grande atractivo turístico de Viveiro, dando a coñecer as dúas festas e os demais recursos do municipio”.
Ofreceranse folletos promocionais e información sobre a localidade ao longo das tres xornadas de duración do evento. “Agardamos que a cita sirva para afianzar aínda máis a posición de Viveiro como un referente do turismo de calidade en Galicia”, destaca Fernández.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



