Inclúe todas as obras de prevención, reparación e novas instalacións para a conservación do conxunto do subministro eléctrico das 122 dársenas de titularidade autonómica
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024. O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, respondeu esta mañá a unha pregunta parlamentaria na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo en relación co contrato unificado mantemento das instalacións eléctricas de baixa tensión dos 122 portos autonómicos. Ao respecto, asegurou que o ente público adxudicou onte mesmo os cinco lotes que conforman o contrato por un importe de 1,9 millóns de euros para un prazo de 3 anos.
Durante a súa intervención, o presidente de Portos de Galicia informou de que o contrato contempla a posibilidade de prórroga por 2 anualidades máis ata un total de 3,6 millóns de euros. O servizo consiste na realización dos traballos de mantemento das instalacións eléctricas de baixa tensión que se localizan nos portos autonómicos para o seu correcto funcionamento, mellor rendemento enerxético e redución do impacto no medio ambiente.
As instalacións incluídas neste contrato serán as seguintes: instalacións fixas: cadros, aparellos, mecanismos e acometidas; redes eléctricas de baixa tensión: canalizacións ou cableados; alumeado exterior; soportes de alumeado: báculos, columnas ou brazos; instalacións de xeración de enerxía; redes de terra; instalacións de telexestión; controis de accesos e toda a obra civil relacionada coas instalacións eléctricas: arquetas, canalizacións soterradas, cimentación de báculos, columnas ou armarios, entre outras.
O servizo abrangue fundamentalmente todas aquelas actuacións de mantemento preventivo e correctivo –reparacións, modificacións ou ata novas instalacións-, xestión de avarías ou cortes de subministro; inspeccións periódicas; inventario de instalacións ou asistencia técnica en relación ao estado das instalacións. Para unha organización máis eficaz o contrato divídese en 5 lotes por áreas xeográficas, a saber: de Ribadeo a Ares; de Pontedeume a O Pindo (Carnota); de Portubelo a Rañó (Rianxo); de Pontecesures a Corbaceiras (Pontevedra) e de Aguete (Marín) a Tui.



















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.