A previsión é publicar no mes de xuño tres liñas de axudas, dúas delas para apoiar a rexeneración dos bancos marisqueiros e a restauración da biodiversidade e outra liña de carácter extraordinario ás entidades asociativas do sector pesqueiro
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, mantivo un novo encontro cos presidentes das federacións das confrarías, o terceiro desde que tomou posesión o responsable autonómico, no que informou que ao longo do vindeiro mes de xuño a Xunta publicará varias ordes de axuda en apoio do sector marisqueiro.
Alfonso Villares anunciou aos máximos representantes do sector a publicación no vindeiro mes de xuño de tres liñas de axudas en apoio á actividade marisqueira. Por un lado, a orde dirixidas a apoiar proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos mariños.
Por outro lado, esta previsto publicar a orde destinada a financiar proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables. Por último, tamén será publicada a resolución de concesión directa de axudas de carácter extraordinario ás entidades asociativas do sector pesqueiro destinadas a garantir a súa sostebilidade.
Na reunión o titular de Mar destacou que con estas novas medidas o Goberno galego cumpre cos seus compromisos alcanzados nas periódicas reunións cos representantes do sector. Así mesmo, rendeu contas da execución doutros acordos como a realización de encontros específicos coas confrarías das diferentes zonas co obxectivo de estudar e atender as circunstancias e necesidades específicas de cada entidade para que sexan tidas en conta no deseño de vindeiras accións por parte da Consellería. Nesta liña, nas últimas semanas celebráronse reunións de traballo coas confrarías das zonas da Mariña lucense, Ferrol e Ortegal.
Mesa de traballo
Este martes terá lugar o primeiro encontro da Mesa de Traballo do Marisqueo na que participarán persoal técnico dos departamentos territoriais, dos servizos centrais e dos centros de investigación dependentes da Consellería do Mar: Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) e o Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar). O obxectivo é identificar as iñas de traballo ao redor de áreas de interese específicas nas que profundizar e sobre cales elaborar propostas concretas que se poidan materializar en resposta aos desafíos actuais do sector marisqueiro galego.



















Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.



