Será na praza do concello e o horario de apertura será de 11 da mañá a 8 da tarde
Barreiros, 19 de maio de 2024. O Concello de Barreiros celebra una nova edición dos seus mercadiños estacionais. Neste caso, o Mercadiño na Primavera achegará ata a Praza do Concello produtos de calidade e proximidade en máis de 30 postos que encherán a praza de vida acompañados de actividades durante todo o día.
Aos postos, que van desde alimentación a artesanía ou ornamentación, acompañaranos diferentes actividades e actuacións en directo durante a xornada.
O horario previsto para as mesmas é o seguinte:
Ás 12:30 actuación do grupo Os Mustélidos, que interpreta versións de temas coñecidos. Á mesma hora comezarán degustacións, de balde ata rematar existencia, tanto de minihamburguesas de Porco Celta, a cargo das ganderías Celtagal e Cmf Celtaporc; como da Cervexa Artesá Augas Santas Brew, a cargo da Cervexería local homónima.
Ás 16:00 impartirase un obradoiro de arte floral, para o que é preciso con inscrición previa gratuíta no teléfono: 982134400
Ás 17:30 terá lugar a actuación especial para o público infantil de Pakolas
Ás 19:45, xa para rematar o mercadiño celebrarase un sorteo dunha cesta de produtos de postos do propio mercadiño, para o que se entregarán papeletas por cada compra nos postos que terán que ser depositadas na urna correspondente.
Ademais, o Concello volverá a contar cun posto solidario de venda de libros, volveremos, cuxa recadación será doada á asociación SOMOS Unidos por el cáncer, coa que o Concello de Barreiros colabora nesta ocasión.
A alcaldesa, Ana Ermida, convida a toda a veciñanza a visitar e mercar nos distintos postos do vindeiro domingo 19 de maio e a desfrutar das distintas actividades “variadas e para todos os gustos que complementan á perfección un mercadiño no que os postos de proximidade e calidade son os protagonistas dun evento que xa está consolidado na programación municipal”.
Esta actividade conta coa colaboración da Área de Vicepresidencia da Deputación.





















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



