Ribadeo, 22 de maio de 2024. Do 23 de maio ao 23 de xuño Acisa Ribadeo repartirá mais de 53.000 premios nunha nova edición da campaña Rasca e Gaña coa que a asociación pretende fomentar as compras no comercio local.
A presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Carmen Cruzado, subliñou que “presentamos esta campaña, que se vai desenvolver desde este xoves e ata o 23 de xuño co obxectivo de potenciar as vendas neste período do ano, tras a celebración o dia da nai e previo ás rebaixas de verán. Os premios son moi interesantes e atractivos para a clientela do comercio, da hostalería e dos servizos de Ribadeo. Saír dun bar cun vale para mercar un regalo no comercio de Ribadeo ou ir mercar a unha tenda un agasallo e saír cunha botella de viño para levar para a casa ou cunha cea está moi ben”.
Cruzado Iglesias indicou que “con este Rasca e Gaña tamén lle estamos dando as grazas á clientela que segue confiando en nos e que seguen mercando en Ribadeo, a todas esas persoas que apostan polo noso comercio para facer as súas compras e ás que elixen a hostalería local para as súas celebracións ou para compartir momentos coas amizades. En definitiva estamos dándolle as grazas aos clientes de sempre, aos clientes que están a facer que saiamos para diante”.
A presidenta de Acisa deu as grazas “especialmente aos establecementos que doaron algún premio pola súa xenerosidade. Isto foi posible unicamente grazas a eles, á súa xenerosidade coa asociación, pero sobre todo cos seus clientes. Son 96 os locais que están presentes cos seus agasallos neste Rasca e Gaña. Esta campaña ten unha clara intención, agradecer en forma de premio a fidelidade que están a ter os ribadenses co comercio e a hostalaría locais”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “os rascas estarán dispoñibles nos 96 establecementos asociados a Acisa, que colaboraron doando algún premio. Póñense en circulación 125.000 rascas dos que mais de 53.000 conteñen agasallos, mellorando moito a edición do ano pasado na que se editaron 100.000 rascas con 15.000 premios. Se xuntamos o valor económico de todos os premios probablemente esteamos diante da campaña mais importante dos últimos anos”.
Pérez Prada sinalou que “neses mais de 53.000 rascas premiados hai desde botellas de viño, ceas, merendas e comidas, menús especiais, cañas, copas, almorzos, cervexas, descontos en tendas do 5% ao 50 %, promocións 2×1 ou vales de compra por importe de 5, 10, 15 e 20 euros. Tamén hai regalos directos, como reloxos, produtos personalizados, e lotes de verán”.
E engadiu que “a mecánica da campaña é sinxela. Por cada compra un cliente poderá pedir o seu rasca debidamente selado. Se resulta agraciado cun premio terá que reclamalo no establecemento que lle indica o rasca. Os premios poden reclamarse ata o 23 de xuño e non son acumulables entre eles nin con outras promocións. As bases da campaña poden consultarse nas redes sociais ou na web de Acisa así como os premios aos que se pode optar”.
O Rasca e Gaña de Acisa conta coa colaboración de 96 establecementos doadores de premios e está cofinanciado pola Xunta de Galicia.
A campaña foi presentada pola presidenta, a vicepresidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado, Virginia Eceiza e Jesús Pérez.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



