Iria Castro e Daniel García destacaron o traballo da Asociación Cívico Cultural Bispo Santo na organición desta celebración popular a carón da ermida de San Gonzalo
Lugo, 14 de maio de 2024. Foz prepárase para celebrar a romería do Bispo Santo, que contará un ano máis co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A deputada de Cultura Iria Castro e o deputado de Rural Mar e Mocidade Daniel García reuníronse con integrantes da Asociación Cívico Cultural Bispo Santo de Foz, que impulsan a organización desta romería popular con 385 anos de historia.
Durante o encontro, incidiuse na vontade da asociación organizadora de manter o carácter popular e familiar desta romería, incluíndo na programación actuacións para público infantil e que procuran a interacción co público para soster o ambiente festivo durante o día a carón da ermida de San Gonzalo.
Nesa liña, encádrase a colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo nos tres últimos anos que, nesta edicion, se concreta no espectáculo Peter Punk, pensado para o público máis novo (sábado, 18 de maio, ás 18.30 horas), e a actuación da Mekanika Rolling Band (domingo, 19 de maio, durante a mañá).
Iria Castro e Daniel García, que estiveron acompañados por Zoraida Coira, Simeón Neira e Benito García -edís en Foz -, valoraron “o traballo da Asociación Cívico Cultural Bispo Santo para dar continuidade a unha celebración secular na que se expresa o sentimento de comunidade e de pertenza da veciñanza de Foz e que reflexa a importancia histórica da basílica de San Martiño”.
Desde as áreas provinciais, subliñaron tamén “o papel do tecido asociativo no mantemento das tradicións e da cultura” e reiteraron “o compromiso da área de Cultura con estes colectivos que salvagardan e difunden o noso patrimonio inmaterial”
A romería do Bispo Santo lembra a figura do bispo Gonzalo (s. XI), a quen a lenda popular atribúe a defensa de Britonia fronte ás invasións normandas. Segundo o mito, desde o monte da Grela, onde se refuxiou xunto a poboadores da zona, desatou unha tormenta de ondas e vento que fixo naufragar as embarcacións normandas fronte a Foz.
O pasado domingo, romeiras e romeiros trasladaron a imaxe relixiosa desde a basílica de San Martiño ata a ermida de San Gonzalo, no monte da Grela, onde se concentrará a actividade festiva durante a fin de semana, con comidas populares na zona dos merendeiros -este lu ns asignáronse os postos – e animación musical durante as tres xornadas.
Na sesión vermú do venres actuará Tania Veiras, que repetirá na verbena, xunto a La Última Legión. O sábado haberá de novo sesion vermú coa orquestra Principal. A banda de gaitas Dambara de Burela e o espectáculo infantil Peter Punk animarán a xornada ata a noite, con verbena a cargo das orquestras Principal e Ritmo joven. O domingo actuarán grupo D-Cano e Mekanika Rollng Band. No recinto haberá postos de pulpo, xamón cocido e churrasco.





















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



