Ribadeo, 14 de maio de 2024. No pleno ordinario da corporación municipal ribadense que se vai celebrar hoxe, martes, someterase a aprobación unha modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para a construción do novo centro de saúde. Outros dos asuntos que se abordarán serán a modificación das taxas da Escola Municipal de Música e a creación de aparcadoiros exprés a carón das farmacias da vila.
O alcalde, Dani Vega, explicou: “esta tarde noite vamos celebrar un pleno municipal, no que abordaremos varias cuestións. A primeira delas vai ser a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal para cambiar a tipificación do solo; hai que facer esa modificación provisional, enviar a documentación á Xunta, que nos responderá, haberá uns días de exposición pública e despois a aprobación definitiva para poder construír o centro de saúde que queremos todos. Dende logo non soamente é ter unha construción senón que hai que dotalo de medios sanitarios, moi importantes e fundamentais”.
Pediatría
O rexedor municipal engadiu: “nestes días que estamos a falar da pediatría evidentemente o goberno municipal manifesta que non está entendendo para nada a situación, estamos moi enfadados e por iso consideramos que a Consellería de Sanidade ten que dar unha resposta moi concreta, que é cubrir a praza de pediatría. Xa sabemos que é moi difícil e complexo, pero nada é imposible e hai que conseguir as cousas e loitar por elas. E dende logo nosoutros dende o goberno non vamos estar calados: o servizo de pediatría de Ribadeo hai que cubrilo. Non pode ser que Ribadeo estea a expensas dunhas baixas e de vacacións e se reduzan eses días de servizo de pediatría. Polo tanto se temos unha pediatra temos que ter o servizo todos os días. E isto é o que dicíamos hai días. Polo tanto a reivindicación segue e non vou parar ata que teñamos o servizo de pediatría todos os días. Iso é importante”.
Dani Vega destacou que “o centro de saúde é algo fundamental. É bo ter un novo centro de saúde para contar con todos os servizos sanitarios nun PAC e polo tanto vai haber servizo do centro de saúde, o PAC, urxencias o 061 e unha zona de aparcamento. E tamén é importante pensar que os centros de saúde hai que telos próximos ás vías de comunicación, para comunicar rapidamente coa autovía e así chegar ao Hospital da Mariña. Polo tanto esta modificación é importantísima para a construción e nestes escasos meses de goberno o que fixemos foi dar pasos axigantados no tema burocrático para poder construír e redactar previamente o proxecto canto antes”.
O alcalde tamén anunciou que se van modificar as taxas da Escola Municipal de Música: “imos regulalas e unhas van baixar e outras vanse igualar, que é o que se nos pedía por parte da Escola de Música, dar unha resposta rápida antes das inscricións e das solicitudes para o novo curso”.
Por outra parte Vega subliñou que “vamos facer unha cousa certamente novedosa, que en moi poucos concellos de Galicia hai, que é dotar de aparcamentos exprés diante das farmacias para poder aparcar, recoller o medicamento e seguir. Polo tanto é outro adianto e outra medida importante”.
Ademais o rexedor municipal contou que nesta sesión tratarase “a aprobación plenaria por parte de todos os grupos da bandeira azul e do escudo. Ribadeo necesitaba unha bandeira, pero a raíz de solicitala a Xunta de Galicia comunicounos que Ribadeo non tiña un escudo aprobado oficialmente. Polo tanto debemos non soamente aprobar a bandeira senón tamén o escudo”.
Para rematar, Dani Vega comentou que “son propostas importantes, dende un punto de vista sanitario, tamén de actividade económica e educativa e ademais apoiar ás farmacias. Polo tanto vamos dando pasiños, pouco a pouco, pero nun traballo con iniciativa, con propostas e así mellorando Ribadeo”.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



