“Se botamos contas, cada posto de traballo que se crearía con esta macro celulosa sae a medio millón de euros dos fondos públicos”, critica o deputado do Bloque, Secundino Fernández
Santiago de Compostela, 24 de maio, 2024. O deputado do BNG Secundino Fernández acusou este xoves ao Goberno do PP de intentar dar un “pelotazo” co proxecto de Altri en Palas de Rei para favorecer “aos seus amigos” utilizando os cartos de todos os contribuíntes. Cartos públicos, advertiu, que irían a parar a un proxecto que “é un exemplo de libro de industria de enclave e de espolio colonial dos recursos naturais do noso País”. “Vostedes son esquilmadores dos recursos públicos e do territorio”, asegurou dirixíndose ás bancadas do PP.
Secundino Fernández defendeu en comisión parlamentaria unha proposición non de lei para pedir ao Goberno do PP que tome posición en contra do proxecto de Altri polo impacto que, de facerse realidade, tería no territorio, sobre os recursos hídricos e sobre o monte e a superficie agraria nunha comarca -A Ulloa- que é eminentemente gandeira e “un verdadeiro exemplo de economía circular”.
O deputado nacionalista convidou así aos deputados populares a escoitar o “clamor social” en contra da megacelulosa, para a que o PP vén de pedir no Congreso 250 millóns de euros dos fondos europeos. “Se botamos contas, cada posto de traballo que se crearía con esta macro fábrica sae a medio millón de euros”, denunciou o portavoz de Medio Rural do BNG logo de lembrar que, segundo a documentación publicada, serán 500 os postos de traballo que se crearían cando as instalacións funcionasen a pleno rendemento.
“Que triste sería que o diñeiro para desenvolver unha zona, para crear riqueza, acabe nas mans dos que queren destruíla”, manifestou, para a continuación contrapoñer o “medio millón de euros por emprego que pretenden entregarlle a Altri” aos 30.000 euros que recibe unha persoa que quere crear unha explotación agraria.
O risco que a instalación pasteira implica para o sector agrogandeiro centrou boa parte da intervención do deputado nacionalista, quen subliñou ao respecto o incremento da demanda de eucalipto que traerá consigo unha demanda de terras para a plantación desta especie invasora e, en consecuencia, menor dispoñibilidade de terras para uso agrario.
A perda de prestixio da DO Queixo Arzúa Ulloa e Tetilla, a valorización negativa das granxas ou a contaminación atmosférica e das augas “repercutindo de xeito negativo sobre as terras, o turismo e a restauración” foron outros dos riscos sinalados por Secundino Fernández na defensa da súa iniciativa, que foi rexeitada.
“Pensen nos miles de familias que traballan e viven do sector agrogandeiro, pensen nas miles e miles de mulleres e homes que viven nas parroquias destas comarcas e que loitan por manter un medio rural vivo”, reclamoulle aos deputados do PP, para concluír a súa intervención cun “Altri non!”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



