Ana Miranda e Nino Fernández mantiveron un encontro informativo na Fonsagrada para analizar as consecuencias negativas do tratado entre a Unión Europea e o Mercosur A Fonsagrada, 11 de Abril... Ler máis
Secundino Fernández di que os populares teñen unha “oportunidade de ouro” no debate dunha iniciativa nacionalista contra o “nefasto” tratado Santiago de Compostela, 15 de xaneiro, 2025. O po... Ler máis
O Alto da Gañidoira reuniu arredor de 800 animais e acolleu carreiras, un certame morfolóxico e unha degustación de hamburguesas de poldro de Pura Raza Galega Muras, 28 de setembro de 2024.... Ler máis
Secundino Fernández denunciou a pasividade da Xunta de Rueda, a quen acusou de pretender “exterminar o sector para favorecer os seus amigotes” Santiago de Compostela, 7 de maio 2025. O deput... Ler máis
Secundino Fernández exixiu que o Goberno galego se posicione claramente en defensa da produción agrogandeira do país e adopte medidas para frear os efectos negativos deste tratado comercial... Ler máis
“Se botamos contas, cada posto de traballo que se crearía con esta macro celulosa sae a medio millón de euros dos fondos públicos”, critica o deputado do Bloque, Secundino Fernández Santiago... Ler máis


















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



