Ana Miranda e Nino Fernández mantiveron un encontro informativo na Fonsagrada para analizar as consecuencias negativas do tratado entre a Unión Europea e o Mercosur
A Fonsagrada, 11 de Abril de 2026. A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, xunto con deputado no Parlamento Galego, Nino Fernández mantiveron un encontro este sábado na Fonsagrada onde explicaron a posición que o Bloque mantivo e segue a manter sobre a afectación de Mercosur nesta comarca.
Dende o BNG sempre tiveron moi claro que o acordo Unión Europea – Mercosur non favorece aos gandeiros e gandeiras nin da comarca da Fonsagrada nin de outras vilas galegas que dependen da agricultura, que dependen precisamente destas explotacións gandeiras familiares.
Na súa intervención, Ana Miranda explicou as consecuencias negativas que ten este acordo para o sector agrogandeiro galego, motivo polo que conta coa oposición do BNG. “O que non queremos é que outra carne invada os nosos mercados nin que se faga como se fixo este acordo de costas ao Parlamento Europeo”, engadiu.
Pola súa banda, Nino Fernández destacou a presenza na Fonsagrada da eurodeputada do Bloque para explicar en que punto está o acordo “e os pasos que quedan por dar nas institucións europeas, cale o noso papel e que podemos facer”. Salientou ademais que este encontro “é unha oportunidade para falar das implicacións que sabemos que vai ter o tratado para ganderías como as que temos no Concello, na comarca e en toda a provincia”.
Neste encontro tamén se falou das cláusulas de salvagarda nas que se excusan tanto PP como PSOE para apoiar este acordo, estas cláusulas “non son a panacea” para o sector, xa que actuarán cando o sector xa note as consecuencias negativas do acordo, Ana Miranda tamén apuntou que precisamente foi o BNG quen defendeu desde o principio que, de aplicarse o acordo, esas salvagardas fosen máis altas e que non son suficientes, ao que tanto PP como PSOE se opuxeron.
Para o BNG este acordo non foi xestionado de forma democrática, xa que tanto a Comisión Europea como o Consello non respectaron os principios de cooperación entre institucións e o que é máis grave a voz do sector agrogandeiro.
Ana Miranda recordou tamén que, en liña con esta postura, asinou unha carta dirixida á presidenta da Comisión Europea, Ursula Von der Layen, para instar á Comisión “a que non avance na aplicación provisional do acordo comercial UE-Mercosur, nin de ningunha das súas partes, até que o Tribunal de Xustiza Europeo emita o seu ditame”.
Durante os vindeiros meses serán as votacións defiinitivas, este acordo precisa unha maioría cualificada por iso dende o BNG seguiremos a informar das consecuencias deste acordo para o noso país




















Villares, que dimitira hai un ano tras ser denunciado por agresión sexual —unha investigación que foi arquivada ao non atoparse probas—, substituirá no cargo a Javier Arias.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



