A oferta inclúe postos de diferentes superficies para venda de produtos de máis de 20 categorías e a adxudicación dos mesmos realizarase mediante sorteo
Vilalba, 27 de maio de 2024. O Concello de Vilalba vén de facer público o inicio do procedemento aberto de concesión para a adxudicación de tres postos vacantes no Mercado Municipal da Rúa dos Pepes que se realizará mediante procedemento aberto por sorteo e será outorgada por un prazo de dez anos.
Para poder optar á concesión, os interesados deberán presentar as súas proposicións no Rexistro Xeral do Concello ata o vindeiro luns día 10 de xuño, nas que deberán incluír unha declaración responsable, a acreditación da personalidade do licitador e unha oferta técnica na que se especificará a actividade de venda e o posto que se solicita.
“Trátase dunha moi boa nova para o Mercado Municipal porque o aumento de postos poderá incrementar a actividade do mesmo” salientou a alcaldesa, Marta Rouco, quen ademais sinalou a oferta como “unha boa oportunidade para pequenos negocios que poderán contar cun posto de venda no centro da vila no que dar a coñecer a súa oferta de produtos”.
En concreto, a oferta inclúe un posto dunha superficie de 13,17 metros cadrados, outro de 17,26 metros cadrados e finalmente un posto de 41,43 metros cadrados nos que se poderá vender, expoñer e depositar produtos alimenticios para o consumo propio de carnicerías, tendas de polos, casquerías, tendas de ovos, peixarías, charcuterías, salgaduras, conxelados, froitos secos, postos de verduras, panadería-bolería, confeitería, encurtidos e herbolarios.
Ademais, tamén se poderá autorizar a venda doutros produtos que satisfagan as necesidades da poboación, entre os que se atopan os de droguería, enxoval, artigos de agasallo, florería, roupa, calzado, marroquinería, marquetería e outros de natureza semellante.
Pola súa banda, os interesados poderán acceder ao prego completo das cláusulas administrativas que rexerán a adxudicación a través do Boletín Oficial Provincial ou do Taboleiro de Anuncios do Concello de Vilalba, onde ademais terán á súa disposición os anexos relativos ao modelo de declaración responsable e modelo de proposición técnica que deberán cumprimentar para a presentación de solicitudes.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



