O BNG está en Palas en defensa da dignidade do País, o PP en Madrid cos sectores máis ultras, denuncia Pontón, que critica a equidistancia do PSOE
Santiago de Compostela, 26 Maio 2024. A portavoz nacional, Ana Pontón, e cabeza de lista ás eleccións europeas, Ana Miranda, encabezaron a representación do BNG na multitudinaria manifestación en contra da macrocelulosa ALTRI celebrada en Palas de Rei, deixando claro a rotunda oposición a un proxecto contaminante que liquidaría miles de empregos, tanto na comarca de Arzúa-Ulloa como na Ría de Arousa.
“Estamos en Palas de Rei para frear unha bomba ambiental que o PP quere colocar no corazón de Galiza, levándose por diante o medio de vida de miles de persoas tanto na terra como no mar”, subliñou Pontón, “e sobre todo, estamos aquí para defender a dignidade e o futuro de Galiza fronte ao un Partido Popular que pon os intereses dunha multinacional por riba dos galegos e das galegas e que ademais quere regar con centos de millóns de euros de cartos públicos o proxecto dunha multinacional portuguesa que está causando graves problemas ambientais no País veciño”.
A líder nacionalista contrapuxo a presenza do BNG en Palas coa do PP en Madrid, tamén de manifestación.
“Rueda está en Madrid manifestándose co sectores máis ultras e reaccionarios do Estado, pero o BNG está aquí ao lado da xente que quere vivir do seu traballo e quere conservar o seu territorio, todo un símbolo do que representa o BNG fronte ao que representa o Partido Popular”, explicou, tras pedir ao PP que escoite o que reclama a cidadanía na rúa.
“Espero que o Partido Popular se baixa da súa habitual prepotencia e escoite o clamor social contra ALTRI, recalcou, porque o Bloque non vai permitir “que nos colen como industrialización o que é unha agresión ambiental descomunal”, que consumiría cada día máis auga que toda a poboación de Lugo, “e por riba subvencionada con 250 M€ de todos e de todas, incluídos fondos europeos”.
Esa é a gran aposta do señor Rueda, darlle 250 M€ á multinacional lusa para que coloque en Galiza unha macrocelusosa contaminante que non quere Portugal. “Con eses inxentes recursos poderíamos financiar políticas para revitalizar o medio rural, para sanear as nosas rías, para limpar o Ulla ou para potenciar os nosos sectores produtivos. Industrializar Galiza si, pero contaminar Galiza e hipotecar o futuro deste país, non! Queremos xerar industria, riqueza, pero para poder vivir e traballar dignamente aquí”, alegou.
Pontón tamén pediu ao Partido Socialista que aclare se vai dar fondos europeos para financiar ALTRI ao tempo que criticaba a súa indefinición.
“Sabemos moi ben o que defende o PP, pero tamén é triste a equidistancia que está demostrando o PSOE que ten que aclarar de que lado está, se vai contribuír a esa macrocelulosa contaminante con fondos europeos Next Generation ou non. O que lle pedimos, tanto ao PP como ao PSOE é que atendan o clamor social que hoxe se escoita nesta multitudinaria manifestación en Palas de Rei, ao PP que abandone a súa soberbia e prepotencia e escoite, e ao PSOE que non vaia de ganchete co PP e que sexa claro dicindo que ALTRI non vai recibir nin un só euro de fondos europeos”, concluíu.
Normativa comunitaria
Pola súa parte, a candidata ás eleccións europeas, Ana Miranda, subliñou que o BNG vai traballar desde o escano galego para parar este proxecto contaminante en Bruxelas, onde xa presentou unha denuncia do desastre ambiental que suporía ALTRI. “Non imos permitir que con fondos europeos se financien un proxecto que vai degradar o noso territorio, o medio ambiente, o patrimonio e sectores produtivos que son estratéxicos, incluíndo a actividade agrogandeira arredor dunha denominación de orixe como a Arzúa-Ulloa”.
Ademais, Miranda denunciou que o proxecto “incumpre normativas comunitarias e imos ser a voz que vai denunciar esta macrocelulosa que destrúe a nosa terra e por iso estamos aquí, sumándonos ós milleiros de persoas que está dicindo ALTRI non, porque non se pode destruír o medio de vida de moitas familias por intereses dunha multinacional que conta co amparo dos gobernos e que, por riba, favorece o monocultivo do eucalipto”, argumentou.
“Non queremos volver a unha industria contaminante do século pasado senón a unha industria sustentable. Por iso imos parar este proxecto en Bruxelas as través do escano galego que volverá a ser a voz galega en Europa”, concluíu rotunda.
























Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



