Pídese ao Goberno central que concrete liñas de apoio no marco dos fondos europeos Next Generation e inclúa unha subestación eléctrica para a subministración desta planta na planificación da rede de transporte de enerxía 2021-2026
Compostela, 23 de maio de 2024. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei a través da que manifesta o seu apoio á implantación da iniciativa empresarial de Altri en Palas de Rei, sempre que se garanta o cumprimento da máis estrita normativa medioambiental, técnica e sectorial, por canto supón unha oportunidade para xerar riqueza e emprego cualificado na Comunidade galega, fomentar o asentamento de poboación no rural, pechar o ciclo produtivo e de valor da madeira, favorecer aos propietarios de montes, e xerar sinerxías con dous sectores clave da economía galega como son o téxtil e o forestal. Así mesmo, ínstase ao Goberno central a concretar liñas de apoio no marco dos fondos europeos Next Generation para o desenvolvemento deste proxecto coa maior celeridade posible, ao tempo que lle esixe que inclúa na Planificación da rede de transporte de enerxía eléctrica 2021-2026 a construción dunha subestación eléctrica para a subministración desta planta.
A viceportavoz do Grupo Popular, Cristina Sanz, lamentou que, “entre tanta desinformación, medias verdades, mentiras e fotos falsas que se están espallando sobre este proxecto, a verdade é que estamos perdendo a gran oportunidade de falar do verdadeiramente importante: o cumprimento das normas vixentes”. “Das normas europeas, españolas e galegas, as máis respectuosas co medio ambiente de todo o mundo e que determinarán se o proxecto de Altri cumpre ou non para a súa implantación”, indicou.
“Nós apoiaremos todas as iniciativas que, cun estrito cumprimento da normativa, permitan captar novos investimentos industriais e xeren novos postos de traballo, cualificados e de calidade, en Galicia”, asegurou a viceportavoz popular.
DEIXEN DE MENTIR
Neste sentido, Cristina Sanz pediu ao BNG que “deixe de mentir” e cualificou aos nacionalistas galegos como “o partido do non: non aos parques eólicos, non á eólica mariña, non á minaría, non ao turismo e non á implantación de calquera proxecto industrial en Galicia”. “Teñen vertido moitas mentiras, ben directamente ou ben mediante as súas plataformas afíns, que o único que perseguen é confundir aos cidadáns e intentar que Galicia non sexa un lugar atractivo no que investir”, lamentou.
Respecto do proxecto de Altri en Palas de Rei, a viceportavoz popular lembrou que será a primeira fábrica de lyocell de España e a segunda de Europa, e converterase nun referente mundial, xa que será a primeira fábrica do mundo que integrará todo o ciclo produtivo de transformación da madeira ata a elaboración dun tecido de alta calidade totalmente biodegradable.
O proxecto suporá un investimento próximo aos 1.000 millóns de euros e terá capacidade para xerar ata 4.000 empregos durante a súa construción e 2.500 postos de traballo, cualificados e de calidade, durante o seu funcionamento. Ademais, xerará sinerxias con outros sectores clave da economía galega, como é o caso do téxtil ou do forestal, ata o punto de que permitirá pechar en Galicia o ciclo produtivo e de valor da madeira.





















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



