A portavoz municipal, Sandra López, defende “a colaboración entre administracións en lugar da confrontación á que nos ten acostumados a alcaldesa”
Vilalba, 24 de maio de 2024. O PP de Vilalba subliña “o compromiso do Goberno galego co noso concello e as necesidades dos vilalbeses e vilalbesas”. Así, os populares destacan o investimento de máis de 35.700 euros por parte da Xunta de Galicia para a renovación do parque infantil situado na rúa da Emigración.
Trátase dunha liña de axudas para creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais en concellos de menos de 30.000 habitantes.
Os populares poñen en valor “unha nova aportación para a mellora de infraestruturas en Vilalba” que demostra “a vontade de colaboración por parte do Goberno galego para sacar adiante proxectos que beneficien aos veciños e veciñas”.
A portavoz municipal, Sandra López, defende “a colaboración entre administracións en lugar da confrontación á que nos ten acostumados a alcaldesa. Os responsables públicos temos a obriga de construír, propoñer e solucionar”.
A popular agarda que “o bipartito realice unha correcta xestión desta axuda” e que non deixe perder este tipo de apoios. De feito, o ano pasado o goberno municipal renunciou expresamente a optar ás liñas 1 e 3 do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local.


















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



