Barreiros, 14 de xuño de 2024. A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, rematará o vindeiro sábado, 22 de xuño, a súa peregrinación a Santiago por etapas semanais a través do Camiño de Inverno. O colectivo anima ademais a viaxar a Santiago a todas aquelas persoas da comarca que queiran pasar o vindeiro sábado na capital de Galicia.
Camiñantes e Camiños realizará ese día a novena etapa do Camiño de Inverno, de nove quilómetros. A saída en autobús, desde as inmediacións do centro de saúde de San Cosme, está prevista para as 6:45 horas.
O presidente da asociación Camiñantes e Camiños, José Manuel Gómez Puente, explica que “faremos eses nove quilómetros, entraremos na Catedral pola Porta Santa e asistiremos á misa do peregrino. Agardamos que poida asistir todo o grupo e así culminar como se merece esta peregrinación”.
Gómez Puente subliña que “ademais queremos convidar a participar nesta viaxe a calquera veciña ou veciño de Barreiros e da Mariña que desexe vir a Santiago de excursión, a pasear por esta bonita cidade, a escoitar a misa do peregrino e a compartir un xantar todos xuntos. É dicir que iremos os camiñantes que realizaremos esa última etapa da nosa peregrinación deste 2024, e esas outras persoas que non queiran andar, pero si participar nesta excursión”.
O prezo da viaxe para os socios de Camiñantes e Camiños é de 15 euros e o custe para os non socios será de 20 euros. E o prezo do xantar é de 18 euros. Todas aquelas persoas que queiran viaxar a Santiago o 22 de xuño poden anotarse ao longo dos vindeiros días chamando ao seguinte número de teléfono: 623 22 68 25.






















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



