O conselleiro do Mar participou no Consello Consultivo de Política Agraria e Política Pesqueira para Asuntos Comunitarios
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou hoxe no Consello Consultivo de Política Agraria e Política Pesqueira para Asuntos Comunitarios no que se tratou a comunicación da Comisión Europea relativa a Pesca Sostible na Unión Europea: situación actual e orientacións para o 2025. Alí o titular de Mar cuestionou que o Executivo comunitario sitúe a mellora da situación dos caladoiros e da flota como resultado das súas políticas e defendeu que, en realidade, esta débese aos constantes axustes á actividade pesqueira.
No encontro defendeu a necesidade de abordar unha reforma da Política Pesqueira Común (PPC) fronte a avaliación proposta polo executivo comunitario que cualificou de “insuficiente”. Tamén criticou o análise “triunfalista” realizado no documento relativo á transición enerxética, dando a entender que os novos combustibles permiten aforros no consumo cando polo de agora non é así. Recordou que os prezos seguen sendo elevados e condicionan de xeito importante a actividade da flota.
Por outra banda o responsable autonómico puxo en valor que se ben hai indicios de sustentabilidade ambiental e económicos, grazas á caída do coste do gasóleo, estes non teñen traslado efectivo en termos sociais. É máis, no documento presentado, a diferencia doutros anos, non recolle ningunha referencia ao número de persoas empregadas. Neste ámbito amosou a preocupación do Goberno galego da vontade da Comisión de afondar no paquete de medidas sobre a pesca e océanos, que ata o momento son voluntarias e deixa a porta aberta e que podan ser obrigatorias.
Alfonso Villares destacou que son os caladoiros onde opera a frota galega onde se percibe unha mellora da situación dos recursos pesqueiros, a diferencia doutros como os de o Mediterráneo e o Báltico que non teñen un bo comportamento en termos de sustentabilidade. Nesta liña puxo o foco no recoñecemento da existencia de factores externos que inflúen no estado dos caladoiros e instou a afondar no seu análise para que non sexa a actividade pesqueira que asuma en solitario as medidas de mellora dos recursos mariños.
TAC plurianuais
O conselleiro do Mar sinalou a necesidade de revisar a implantación de TAC plurianuais seguindo pautas de equilibrio e non á baixa e valorou positivamente o chamamento da Comisión aos Estados membros para que as mesmas sexan debatidas internamente coas CC.AA. para que se aporten datos e argumentos que leven a alzas e non a novos axustes. Ademais, indicou que se ben as TAC dispostas para o 2024 foron nunha liña conservacionista, agarda que no 2025, en aplicación da sentenza C-330/22, estas sexan fixadas dun xeito máis equilibrado.
O responsable autonómico valorou positivamente a referencia ao aproveitamento dos límites de capacidade (en arqueo e potencia) de cada país e que no caso de España que ser aproveitado para melloras na habitabilidade e seguridade, polo que reclamou axilidade e transparencia nese proceso. O documento tamén fai unha especial petición ao Ministerio da necesidade de dotar de flexibilidade aos mecanismo de aproveitamento de potencia e arqueo procedente de buques despezados. Nesta liña, manifestou a importancia de aproveitar mellor esa posibilidade e ter activa unha liña que permita saír da actividade a buques non rendibles sen que necesariamente se comprometa custe para os fondos públicos.

















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



