Ribadeo, 26 de xuño de 2024. Alumnado do ciclo de atención a persoas en situación de dependencia, do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, e as profesoras Belén Blanco e Eva Cabanelas, desenvolven un proxecto sobre a accesibilidade de diferentes espazos, públicos e privados, do municipio ribadense. Esta iniciativa, denominada Diverspazo, inclúe a colocación de sinalización específica cun código QR, a través do que se enlaza cunha web que elaboraron para ofrecer información sobre os inmobles municipais e lugares públicos que están adaptados para todas as persoas, incluso as que teñen reducida a súa mobilidade. Este proxecto, incluído no programa Lanzadeiras da Xunta de Galicia, conta coa colaboración do Concello de Ribadeo e na presentación estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira Montse Seijo.
A profesora Belén Blanco explica que no primeiro curso do ciclo de atención a persoas en situación de dependencia crearon “un proxecto relacionado coa diversidade de todo tipo, pero principalmente coa física, centrámonos na motora. Consiste en analizar os diferentes espazos do concello de Ribadeo para ver cales serían accesibles a persoas que teñen algún tipo de diversidade. Isto garda relación con varios módulos que teñen no ciclo, pero o meu en concreto é características e necesidades. Elaboramos unhas enquisas, que mandamos por Google Forms a máis de 50 centros e entidades que traballan no ámbito da diversidade ou das persoas maiores. Con esas enquisas pretendíamos conseguir información acerca de que é o que fan para organizar excursións e saídas. E comprobouse que están un pouco descontentos porque non todos os espazos aos que quererían ir poden ser disfrutados por completo polas persoas con diversidade, porque ao mellor nun museo podes ir á primeira planta, pero á segunda ou a certas salas non podes chegar con algúns usuarios porque non hai medidas que debería. E non é só unha rampla, como deixaban moi claro nas enquisas”.
Neste proxecto tamén se ocupan da accesibilidade nos espazos naturais: “hai praias que teñen un corredor de madeira, pero non dispoñen dunhas cadeiras anfibias para meterse na auga, por exemplo. Ou teñen unha zona na que comer, pero non hai uns corredores en condicións para que eles poidan acceder”, engade Belén Blanco, quen tamén comenta: “a partir das enquisas detectouse que para saber se os espazos cumpren uns requisitos os que traballan con persoas con diversidade contactan con coñecidos que lles contan que foron a determinado sitio porque está ben, ten baños accesibles, na cafetería hai espazo para as cadeiras de rodas, etcétera. Incluso o propio traballador, se é moi implicado, vai aos lugares antes para revisalo, o que supón un gasto de diñeiro e de tempo. Na enquisa comentaron que internet é o que menos se usa para consultar isto. Entón pensamos que se podería crear unha páxina web e fixemos unha landing page, algo moi humilde. Pero a idea é que a longo prazo nesa páxina web aparecesen lugares accesibles de restauración, espazos públicos, museos, etcétera, de toda Galicia, localizados por provincias e por concellos. E que incluso houbese algunha ruta deseñada co que poderían facer nesa localidade todas as persoas, para que saiban a que lugares poden ir a disfrutar realmente”.
A profesora que dirixe esta iniciativa aclara: “o que fixemos foi o proxecto de creación desta mini empresa, á que chamamos Diverspazos. Isto vai dentro dun programa denominado Lanzadeiras e o que temos que facer é explicar en que consiste o proxecto”.
E o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, lembrou que “o Concello está traballando na mellora da accesibilidade de todos os edificios públicos: na Escola Municipal de Música imos construír un ascensor, imos eliminar a rampla lateral, como tamén vamos mellorar moitos espazos naturais, puntos turísticos, como pode ser O Cargadeiro, Illas, Castros, onde melloraremos todo o que poidamos, o que nos permita Costas; tamén na praia das Catedrais e nos distintos espazos públicos que temos en Ribadeo e seguir paulatinamente, pouquiño a pouco, mellorando os edificios municipais”.
O Concello colaborará co CIFP Porta da Auga neste proxecto: “naqueles edificios e lugares onde xa hai esa accesibilidade vaise colocar ese panel para que haxa esa información total e absoluta dos espazos públicos e dos espazos ao aire libre que teñan esa accesibilidade, e tamén privados na vila de Ribadeo”.
Dani Vega manifestou tamén: “trátase dunha iniciativa que conta co apoio do Concello de Ribadeo. Quero agradecer o traballo do Porta da Auga, moi importante neste ámbito e en moitos máis; está facendo unha grande labor este centro. Conta coa axuda do Concello e vamos seguir colaborando e facendo fincapé na mellora da accesibilidade”.
O alcalde anunciou ademais: “imos traballar nun foro para falar sobre estes asuntos tan importantes para todos e tamén vamos facer esa guía onde se poidan visualizar perfectamente eses espazos públicos e privados onde melloramos, onde xa existe esa accesibilidade”.



















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



