Barreiros, 21 Xuño, 2024. Segundo un particular, a colisión puido deberse a que o sol dificultou a visión dun dos condutores.
O accidente produciuse arredor das 15:20 horas nunha saída da A-8, concretamente no quilómetro 524, en sentido A Coruña. Ademais, a persoa que informou ao 112 Galicia indicou que había unha muller ferida nun dos coches.
Con isto, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Barreiros, Garda Civil de Tráfico e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros.
Aínda que nun primeiro intre se indicara que había unha única persoa ferida, finalmente foron catro as que tiveron que ser trasladadas ata o hospital de referencia.
Cómpre sinalar que os membros da Garda Civil desprazados ata o lugar indicaron que houbo que liberar a un dos implicados para que fose atendido polas urxencias sanitarias. Do mesmo xeito, unha dotación dos bombeiros mobilizouse ata o punto para facer labores de limpeza na estrada.





















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



