Foz, 21 de xuño de 2024. Onte, xoves, o Concello de Foz fixo entrega dos premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil das Letras Galegas aos alumnos participantes do colexio Número 1 de Foz. Os doutros centros recibiranos nos próximos días.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, quere “agradecer aos centros participantes, o Número 1 e o Colexio do Pilar, ademais dos nenos que concursaron por libre, a implicación e as ganas que demostraron nas súas obras. É moi importante para nós a implicación dos mestres e os centros para que estes certames teñan unha representación real do alumnado de Foz”.
Os premiados no apartado de debuxo foron: na categoría de ata 8 anos, Aldara Sánchez Rodriguez (Nº 1), Martina Pardo Vázquez (Pilar) e Paula Posada Fernández (Pilar); na categoría de 9 a 11 anos, Sara Rodríguez Martínez (Pilar), Elisa Pernas Suárez (Pilar) e Luis Goás Fernández (Pilar); na categoría de 12 a 16 anos, Carla Iravedra García (Pilar), Valería Montoya López (Pilar) e Elena Castro Sanjurjo (Pilar).
Os premios en narración foron: na categoría de ata 8 anos, Roma Valhermoso Ramírez (Nº 1), Didac García Díaz (Nº 1) e Aldara Sánchez Rodríguez (Nº 1); na categoría de 9 a 11 anos, Mía Santos Seijo (Cantel); e na categoría de 12 a 16 anos, Carla Iravedra García (Pilar).
A concelleira de Cultura e a técnico de biblioteca, Marta Carrera, achegáronse ata o colexio Número 1 a felicitar ás nenas e nenos. “É moi bonito ver que están moi contentos en participar e fixeron un traballo excelente todos”, explica Inés López. No certame provincial as obras dos participantes de Foz recibiron dous premios.
A partir do 1 de xullo a biblioteca municipal Salgado Toimil modifica o seu horario polo verán, quedando de 8.30 a 14.00 horas de luns a venres, ata o vindeiro 15 de setembro.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



