Foz, 7 de xuño de 2024. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, vén de solicitar unha reunión a Fabiola Garcia, conselleira de Política Social e presidenta do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. “A xestión do servizo e o benestar de todos os usuarios está garantido co novo contrato, recentemente adxudicado á empresa CK Senior despois dunha licitación aberta, pero debemos avanzar, traballar de forma conxunta entre administracións no futuro da residencia de Foz. En xaneiro do ano 2023 asinamos un convenio entre Consorcio e Concello de Foz segundo o cal a propiedade do edificio da actual residencia pasaría ao Concello, pero os trámites non avanzan”, explica o rexedor municipal.
Fran Cajoto engade que “o edificio, propiedade do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, está a ser xestionado polo Concello de Foz desde xaneiro do ano 2019. A transmisión da propiedade do edificio permitiría ao Concello solicitar un concerto coa Xunta de Galicia e abaratar o custo a aquelas prazas que se conveñen coa Xunta. Queremos que os prezos se abaraten para os usuarios, por iso ante os atrancos para que a Xunta a xestionase de forma directa buscamos no ano 2023 esta alternativa. En calquera caso as axudas de emerxencia social sufragadas por todos os focegos evitarán que unha persoa se quede fóra por non ter pensión ou recursos económicos para afrontar o custe da praza, axudas que aumentamos este ano en 240.000 euros, ata os 270.000”.
O alcalde de Foz quere tratar coa Conselleira de Política Social a transmisión da propiedade do edificio e as alternativas para aumentar un servizo que é claramente insuficiente: “temos que traballar de forma conxunta para ofrecer o servizo que necesita Foz. Con 40 prazas na residencia e máis de 150 en lista de agarda estamos moi lonxe das necesidades do noso Concello. A poboación envellece e non estamos preparados, a residencia é moi pequena para un concello coma o noso. Necesitamos máis prazas, que a Xunta de Galicia invista na ampliación da actual residencia. Unha solución podería pasar por aproveitar as instalacións do vello asilo e evitar a ruína do edificio, aínda que habería que superar moitos atrancos ao ser de propiedade privada, da Fundación Martínez Otero”.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



