Ribadeo, 3 de xuño, 2024. Para completar a actividade do I Bioblitz IES Ribadeo durante a cal se fixo un rexistro intensivo de especies no xardín do instituto e alrededores, tivemos unha sesión post-saída e Belén Pérez Teijo, socia colaboradora da Plataforma “Fotografía y Biodiversidad” amosounos a forma de obter moitos datos estadísticos a partir das observacións que subimos á plataforma Observation.org. durante a actividade.
Agora, o alumnado dedicará algunha sesión a preparar a exposición dos datos máis relevantes e serán amosados na XXIX Feira da Ciencia que se celebrará os días 13 e 14 de xuño. Tamén prepararán a cartelería necesaria para dar a coñecer a rareza extrema atopada durante o I Bioblitz. Trátase da araña saltarina, Saitis barbipes, propia de ambiente mediterráneo que en Ribadeo nunca fora citada e no norte de España en contadas ocasións.
Tamén aproveitamos ó final da sesión para facer entrega de regalos. No nome do IES de Ribadeo, as profesoras Beatriz González e Susi Besteiro, entregámoslle uns agasallos a Nerea Fernández Prado por atopar unha “rareza extrema” nesta terra e a Belén Pérez Teijo para agradecerlle a súa dedicación e axuda. Pero Belén tamén traía regalos xa que no seu nome e no de Observation entregoulle a Nerea unha lente macro para móbil e outras catro máis sinxelas para o alumando que realizou maior número de obsrevacións que foron Eva González, Sara García, Alvaro Gavieiro e Claudia Loureiro.
O IES Ribadeo felicita aos participantes pola súa implicación e agradécelle a Belén Pérez e á plataforma de ciencia ciudadana que representa, “Fotografía y biodiversidad”, os seus premios para o noso alumnado e a súa colaboración para axudarnos a aprender de forma divertida e concienciar ao alumnado da importancia da biodiversidade






















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



