Ribadeo, 21 de xuño de 2024. O Plan Avanza Rural do Concello de Ribadeo chegará a todas as parroquias nas que mellorará os camiños coa axuda dunha motoniveladora, dunha pala e dun camión.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “eeguimos xestionando orzamento e todo tipo de recursos para que Ribadeo avance. Neste caso, dentro do Plan Avanza Rural estamos xestionando recursos para arranxar os nosos camiños. Falamos dunha motoniveladora, estamos falando de pala e camión. Con isto o que queremos é mellorar todos os camiños que estaban despois de moitísimos anos certamente abandonados”.
O rexedor contou que “houbo unha primeira parte que era desbroce e limpeza de toda a maleza e agora, limpiaranse todas as cunetas coa motoniveladora, tamén ese punto de apoio con pala e camión, polo tanto son recursos que ao Concello non lle custan, xa que foi unha xestión e unha colaboración a través de Medio Rural e estamos mellorando todos os camiños”.
Vega explicou que “primeiro escoitamos ás asociacións, tamén aos veciños, para que nos detectaran ou que nos priorizaran, mellor dito, cales son os camiños que en peor estado están. Despois iremos por todas as parroquias, empezamos en Vilaselán, actuamos xa tamén en Piñeira, vamos facer esa primeira limpeza de toda a terra que está obstruíndo as cunetas, e despois en moitas delas que están certamente moi deterioradas aportaráselles saburra para mellorar o pavimento”.
O alcalde negadiu: “non solo actuamos nas vías de comunicación con aglomerado, senón tamén que despois de moitos anos certamente de abandono actuamos nas pistas, nos camiños, que tamén necesitan unha mellora. Seguimos xestionando o que vén sendo fondos e orzamento para mellorar todo o tipo de infraestruturas e tamén material, equipamento para mellorar os camiños das nosas parroquias”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



