A popular, Eugenia Requeijo, condena que “o único que lle interesa ao alcalde é o soldo” como “queda claro co abandono e o deterioro de Muras que, incluso, está perdendo oportunidades como a axuda para o campamento de verán onde o Concello está en lista de espera”
Muras, 22 de xuño de 2024. O Grupo Municipal do Partido Popular vén de rexistrar unha moción para instar ao alcalde de Muras á devolución inmediata de tódalas cantidades de diñeiro indebidamente cobradas do Concello, dende a celebración do pleno ordinario do 27 de decembro de 2023 “cando se debateu e votou o réxime retributivo dos cargos públicos municipais e no que o alcalde propoñía o seu propio soldo”.
O resultado da votación foi de empate -3 votos a favor por parte do BNG, 3 en contra dos concelleiros do Partido Popular e 1 abstención da concelleira do PSOE- sen que se producise a correspondente segunda votación de desempate e se aplicase o criterio legal correspondente -desempata o voto de calidade do alcalde ou alcaldesa-. “Entendemos que dito acordo, da retribución proposta polo alcalde, non foi legalmente aprobada”.
Os populares explican, ademais, que “dous días despois de dita sesión plenaria, o alcalde emitiu un Decreto polo que aprobou, recoñeceu e ordenou o pago das súas propias nóminas, dos anteriores 6 meses, con carácter retroactivo, con fondos municipais”.
Os concelleiros do PP consideran que “ditos cobros son presuntamente ilegais e nulos de pleno dereito, xa que nunca se chegou a aprobar polo Pleno, órgano competente, dita proposta de retribucións”.
Os populares xa advertiran que “o señor Requeijo está a cobrar o seu salario de forma irregular porque no Pleno no que se aprobou a súa dedicación se saltou a lei ao non repetir a votación como corresponde nos casos de empate nas votacións”.
O ÚNICO QUE LLE INTERESA AO ALCALDE É O SEU SOLDO
A voceira popular, Eugenia Requeijo, incide en que “o único que lle interesa ao alcalde é o soldo. Isto queda claro con ver como está Muras: abandonada e deteriorándose. É o caso das estradas, das obras… Pero tamén se pode ver na xestión do goberno local porque perden oportunidades: o Concello de Muras está en lista de espera para percibir unha axuda para o campamento de verán”.























Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



