Os senadores esixirán tamén explicacións sobre as garantías do sistema escollido, o orzamento e as razóns para descartar outros
Lugo, 28 de xuño de 2024. O PP lucense pregunta no Senado a través dos seus representantes -José Manuel Balseiro, José Manuel Barreiro e Juan Carlos Serrano- a previsión do Goberno de Pedro Sánchez para implantar sobre o terreo o sistema antinéboa que foi testado para reducir os peches ou limitacións de circulación da A-8 á altura do Fiouco. Tamén esixen explicacións sobre as garantías do sistema escollido, o orzamento destinado á súa colocación e as razóns para descartar outros estudados.
Os senadores populares lembran que a autovía do Cantábrico sofre, na contorna do Fiouco entre os termos municipais de Mondoñedo e Abadín, episodios meteorolóxicos de densa néboa que son especialmente frecuentes no verán. “Estas condicións hostís provocan en moitas ocasións ao corte total desta vía, en ambos os sentidos de circulación, porque este fenómeno impide a visibilidade e compromete a seguridade dos condutores”, indican.
Aínda que os peches totais teñen diminuído desde que se colocaron unha serie de balizas luminosas no ano 2022, a DXT vese obrigada con moita frecuencia a limitar as condicións de circulación por este tramo por razóns de seguridade viaria.
O Goberno de España tomou a iniciativa de promover un estudo dirixido a testar distintos sistemas antinéboa e, “a pesar de que se anunciou que o uso dun láser lateral ofrecía resultados satisfactorios, aínda non se implantou sobre o terreo”, explican os populares.
“A realidade é que a néboa leva máis dunha década causando problemas nesta autovía, co consecuente risco para a seguridade viaria de condutores particulares e profesionais, ademais da perda de oportunidade que implica non poder circular en condicións normais por unha autovía de uso intermitente”, afean.
RECADACIÓN POR SANCIÓNS NOS RADARES DE TRAMO
Os senadores tamén preguntarán ao Goberno central a canto ascende o importe anual recadado por sancións nos radares de tramo instalados entre os puntos quilométricos 545,7 e 550,100 en sentido a Lugo e 550,200 e 545,700 en sentido a Ribadeo.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



