As inscricións na categoría absoluta terán un prezo de 8€ ata o día 21 de xullo, e de 10€ do 22 ao 25 de xullo
Burela, 15 de xullo de 2024. O Concello de Burela acollerá a celebración dunha nova edición da carreira urbana Burela Bonita, puntuable no circuíto Duacode-Run Foz Run.
O evento deportivo, que chega este ano á súa 8ª edición, celebrarase o día 27 de xullo, sábado, a partir das 19:00. Estreará un novo percorrido, diferente ao de anteriores edicións.
O concelleiro de Deportes, Carlos Méndez Pena, animou “a toda a veciñanza a participar para repetir as excelentes cifras de participación obtidas en anteriores edicións”.
“Estamos seguros de que o novo percorrido da carreira popular, xa asentada como unha das grandes citas deportivas de cada ano en Burela, será do gusto de todas as persoas participantes”, engadiu.
As inscricións na categoría absoluta terán un prezo de 8€ ata o día 21 de xullo, e de 10€ do 22 ao 25 de xullo. Por outra banda, nas categorías menores, a inscrición será de balde ata o día 21 e custará 2€ entre o 22 e o 25. Poderanse realizar as inscricións, en liña, na web www.sportmaniacs.com.
A competición comezará ás 19:00 do 27 de xullo coas competicións das categorías menores na praza da Mariña, e ás 20:00 será a quenda da carreira 5K. A recollida de dorsais previa será de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00, tamén na praza da Mariña. Máis info en www.runforzun.com e en www.carrerasconencanto.com.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.


