A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas visitou este martes unha das quendas do campamento que se está a realizar neste municipio e no que participan en total case 300 nenos e nenas de entre 4 e 12 anos
Lugo, 9 de xullo de 2024. A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno, mantivo un encontro este martes no Concello de Barreiros cos 50 nenos e nenas que están a participar nunha das quendas do Programa +Concilia, a iniciativa que pon en marcha a institución local e que conta cunha achega económica por parte da Deputación de 17.000 euros. Este programa, ao que o Concello de Barreiros dedica preto de 4.000 euros, divídese nun total de 6 quendas que comezaron o pasado 24 de xuño e que rematarán o vindeiro 6 de setembro. En total participan nesta programación case 300 nenos e nenas de Barreiros de entre 4 e 12 anos.
Neste encontro, ao que tamén asistiron a Alcaldesa do Concello de Barreiros, Ana Belén Ermida Igrexa, a Concelleira de Servizos Sociais e 2ª tenente de Alcaldesa, Mª del Carmen Veiga Rodríguez, e a Concelleira de Igualdade, Educación e Saúde, Mª Montserrat Porteiro Sánchez, Carmela López fixo especial fincapé na importancia de apoiar este tipo de proxectos “cos que favorecemos a conciliación laboral dunhas 200 familias do municipio ata que comece novamente o curso escolar no mes de setembro”.
Nesta liña, a Deputada provincial subliñou a gran acollida que tivo esta programación entre a veciñanza de Barreiros “posto que, nalgunha das quendas as prazas esgotáronse rapidamente, o que demostra a necesidade de desenvolver este tipo de iniciativas que combinan actividades educativas e de lecer, ao tempo que fomentan o desenvolvemento integral dos cativos e cativas participantes durante as vacacións de verán”.
O Programa +Concilia inclúe unha ampla e completa programación de actividades coas que os nenos e nenas traballan na súa autonomía, no respecto aos demais, na autoconfianza e na igualdade de todas as persoas sen importar o seu xénero. Ademais, tamén realizan prácticas deportivas, como xogos ou skate, así como manualidades, musicoterapia ou maxia.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



