Os deputados provinciais Antonio Ameijide e José María Fernández comprobaron xunto aos concelleiros Javier Castiñeira e Verónica Soto o estado dunhas actuacións sufragadas a través dun convenio entre o Concello e a Deputación de Lugo que sufriu 5 modificacións en 2 anos
Foz, 9 de xullo de 2024. Os deputados Antonio Ameijide e José María Fernández comprobaron xunto aos concelleiros do PP de Foz Javier Castiñeira e Verónica Soto o estado das obras de humanización das rúas Eduardo Pondal, Salvador de Madariaga, Irmandiños, Curros Enríquez e Praza de Galicia “aínda sen rematar dous anos despois da sinatura do convenio entre o Concello e a Deputación de Lugo para sufragar esta actuación”. Trala súa formalización o 21 de xuño de 2022, sufriu cinco modificacións: a última solicitada polo Concello un día despois -o 28 de maio deste ano- de aprobarse a cuarta modificación.
Este é “un claro exemplo da xestión do PSOE, que gobernan en ambas institucións: unha obra que debería ser fácil e rápida, dilátase no tempo de forma que, para garantir o seu remate, custará máis a tódolos veciños de Foz e de toda a provincia”, subliña Ameijide.
O portavoz provincial apunta á “responsabilidade da Deputación de Lugo por ser a administración que máis cartos pon nesta obra” e condena que “os veciños leven dous anos sufrindo as incomodidades e inseguridades desta obra interminable” que afecta “a unha das arterias principais da vila e un dos principais accesos ás praias de Foz”.
Javier Castiñeira explica que “a rúa Irmandiños, troncal para Foz, vese moi afectada por estas obras”. O portavoz municipal advirte que “dende o PP levamos moito tempo denunciando a paralización desta obra e a día de hoxe continuamos vendo problemas como, por exemplo, coa seguridade viaria”; xa que “hai pasos de peóns elevados sen pintar nin sinalizar, fochancas e grava solta”; ademais da mestura de zonas de asfalto e zonas de formigón na mesma rúa, que non está rematada a instalación das farolas e o material da obra ocupa espazo nos parques públicos municipais e zonas de aparcamento.
“A imaxe que está a dar o Concello é moi mala”, segundo considera Castiñeira que, xunto aos deputados provinciais, traslada á Deputación de Lugo as queixas dos veciños de Foz que vén como nun momento tan importante como é o verán teñen unha das súas vías principais totalmente paradas e sendo unha fonte de perigos, unha situación á que nos trouxo este alcalde e os seus socios do BNG”.
Os populares urxen a finalizar estas obras para dar servizo canto antes en condicións de seguridade aos veciños de Foz e favorecer a mobilidade durante a temporada alta. Con todo, temen que “se alarguen outro ano máis” toda vez que “na última addenda ao convenio se establece como data límite para xustificar a anualidade que o Concello reciba da Deputación é o 30 de setembro de 2025”.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



