Disque foi o grande Confucio quen dixo que os sabios ollaban cara á lúa, mentres os parvos ollaban cara ao dedo. Teño para min que, canda os sabios, ollan a lúa tamén os bos e xenerosos, mentres que canda os parvos se xuntan, tamén os ignorantes, férridos e duros, que xa describiu Pondal no poema que lle da a letra ao noso Himno Nacional.
A lúa é a orde de detención acordada polo Supremo a respecto do president Puigdemont, porque a mesma é inconstitucional por un duplo motivo: porque a chamada malversación impropia na que o suposto desvío de recursos públicos para finalidades non reguladas ou mesmo ilegais non tende ao arrequecimento persoal ou de terceiras persoas está inserida no perímetro da amnistía vixente dende o 11 de xuño último e porque todas as medidas cautelares (prendemento, prisión preventiva, fianzas e embargos preventivos, restricións á mobilidade persoal…), acordadas nos procedementos penais que se refiran a delictos inseridos no devandito perímetro da amnistía, han ser deixadas sen efecto ningún por cadanseus órganos xudiciais competentes.
Xa que logo, como acaídamente ten afirmado o noso Suso de Toro, é rechamante a unanimidade do Madrid mediático (quer de dereitas, quer progre) en ollar ao dedo, considerando Puigdemont quen incumpre a ilegalidade, quen se bota fóra do consenso social, quen constitúe o problema. Deste xeito explícase a desaquelada “Operación Gaiola” desenvolvida polos Mossos d´Esquedra, consumindo recursos públicos que haberían ser investidos noutras fins máis urxentes e importantes e na que se chegou disolver un grupo de pacíficas persoas con gas pementa, xusto diante da sede parlamentaria da representación nacional de Catalunya.
Tamén observa Suso de Toro o dominio do territorio que amosaron o president Puigdemont e a súa equipa de colaboradores, que contou ademais coa axuda de moi variadas persoas de moi diversas extraccións sociais e mesmo funcionariais. Case 72 horas botou Puigdemont na Catalunya, na propia Barcelona e noutros lugares do País sen o prender.
Poderíaseme retrucar que o importante é que Illa foi investido, que axiña operará un novo Govern catalá do PSC que conta co apoio de ERC, das esquerdas españolas e do poder económico do upper Diagonal barcelonés e que, deste xeito, o aparente trunfo político no curto prazo do político xironés, ficará esvaído diante da fin do procès e do comezo da normalización política catalá. Mais non hai tal.
Non hai tal porque a falla de efectividade da amnistía amosa a persistencia do ciclo anormal de represión xudicial que o lexislador pretendeu (e polo de agora non acadou) resolver coa amnistía. Este feito, canda a implosión de ERC e a extrema dificultade intrínseca de que se implemente a singularidade fiscal catalá, determina que Catalunya continúa lonxe da normalidade política.
E, nestas circunstancias, a vitoria política de Puigdemont o 8-A coordina JuntsxCat canda o labor da ANC e demáis entidades sociais soberanistas, afirma o seu liderado como único referente do independentismo (diante da implosión da ERC e a falla de utilidade da CUP) e, xa que logo, ofrécelle ás persoas náufragas da ERC e a centos de milleiros das abstencionistas do 12-M unha plataforma política. Cando menos até que se acade a plena aplicación da amnistía. E despois xa Deus dirá.
Verémolo, sen dúbida ningunha, na vindeira Diada do 11-S e nas vindeiras enquisas.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



