Proecogal e a área de Rural da Vicepresidencia impulsan a xornada na investigadores e profesionais falarán sobre a lingua azul, a EHE ou enfermidades transmitidas por parasitos
Lugo,16 de xullo de 2024. O Pazo de San Marcos acollerá o venres – 19 de xullo – a xornada “Novos desafíos nas producións gandeiras. Lingua Azul, EHE e parasitos” promovida pola Asociación de produtoras e produtores ecolóxicos de Galicia (Proecogal) coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O deputado Daniel García, acompañado por Javier Fernández e José Gonzalez, representantes da entidade, presentaron o programa da xornada, na que investigadores e profesionais da sanidade animal abordarán cuestións relativas á incidencia,a prevención ou ao control de enfermidades que están afectar á cabana gandeira como a lingua azul, a enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE) ou outras afeccións transmitidas por parasitos.
Daniel García explicou que “a xornada pretende proporcionar a gandeiras e gandeiros información rigurosa sobre as causas e a evolución destas enfermidades, cunha incidencia que debemos avaliar no contexto dos retos que o cambio climático supón para o sector” e destacou que “apoiamos as accións do asociacionismo gandeiro, ao tempo que seguimos reclamando á Xunta de Galicia, que ten as competencias e os recursos neste materia, unha correcta planificación e xestión das accións de prevención e seguimento destas enfermidades, que causan importantes perdas ás gandeirías”.
As xornadas, gratuítas e abertas á participación de gandeiras e gandeiros tanto de producións ecolóxicas como convencionais, desenvolveranse de 10.45 a 13.30 horas no Salón de Actos da Deputación de Lugo. A inscrición pode realizarse a través dun formulario en liña dispoñible nos perfis de redes sociais de Proecogal.
Novos desafíos nas producións gandeiras. Lingua Azul, EHE e parasitos. Programa:
Nocións sobre as garrapatas como base para o seu control. Pablo Díaz Fernández. Profesor USC
EHE, experiencia dun veterinario de campo. Enrique Gutiérrez Vázquez
Enfermidades transmitidas por Culicoides…que sabemos realmente? Alberto Prieto. Profesor Sanidade Animal USC.
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



