A portavoz, Mariña Gueimunde, explica que “esta non é unha festa calquera: moita xente coñece Viveiro por Naseiro ou a Semana Santa, ambas de Interese Turístico Nacional” polo que “o goberno local debería velar por manter a súa continuidade ano tras ano”
Viveiro, 4 de xullo de 2024. A portavoz do PP de Viveiro, Mariña Gueimunde, censura que “os grupos do goberno municipal, PSOE e BNG, voten en contra de que o Concello colabore para garantir a celebración da Romaría do Naseiro -ou Romaxe do Bo Xantar-” tendo en conta que “é unha festa que conta coa declaración de Interese Turístico Nacional dende 1967”. É por iso polo que cre “o goberno local debería velar por manter a súa continuidade ano tras ano”.
Pero, “lonxe diso, poñen todo tipo de escusas e agora tamén votan en contra dunha iniciativa do grupo de XViveiro no pleno deste mércores para dar explicacións sobre a celebración das festas populares e que recollía unha aportación dos concelleiros do PP para que o Concello tramite os permisos sectoriais necesarios para a celebración da Romaría do Naseiro”. A pesar dos votos en contra de socialistas e nacionalistas, a iniciativa saíu adiante cos votos a favor dos concelleiros do Partido Popular e XViveiro ante “un goberno en minoría”.
A portavoz do PP explica que “o Concello é o encargado de pagar os plans de autoprotección e, polo tanto, tamén debería tramitar directamente os permisos” o que “facilitaría parte do traballo ao que se teñen que enfrontar as comisións que organizan esta festa ano tras ano” e “que, quen queira, se poda facer cargo da comisión do Naseiro”.
A popular engade que “non sabemos se terá algo que ver que as facturas do plan de seguridade e saúde e o proxecto e dirección de obra da enerxía eléctrica do 2023 están sen pagar. A alcaldesa di que non conta con 7.000 euros porque non ten consignación orzamentaria pero si ten para gastar 4.500 en caramelos”, subliñan.
Gueimunde incide en que “a Festa de Naseiro non é unha festa calquera. É unha festa tradicional, popular e moi coñecida. Moita xente e moitos turistas coñecen Viveiro por Naseiro ou pola Semana Santa, ambas declaradas de Interese Turístico, Nacional a primeira e Internacional a segunda”.
Pero, “a PSOE e BNG non lles importa que se deixe de celebrar”. É máis, “non queren Naseiro” á vista de que “a alcaldesa non quere responsabilidades e a tenente de alcaldesa prefire evitar o problema de que esta festa xera moito lixo e supón máis traballo”.
NON HAI APOIO DO CONCELLO
Os populares cren que “se o goberno local garantise o seu apoio, facilitaría que houbera persoas que quixeran organizar a festa”; pero “é comprensible a dificultade para conformar unha comisión” á vista de que “o goberno municipal se lava as mans e incluso puxo en perigo outras citas consolidadas”, indican.
“A poucas semanas da súa celebración quedamos a expensas de que calquera particular ou grupo que leve Naseiro e Viveiro no corazón tome a iniciativa e conforme unha comisión que chegue a tramitar, nun prazo récord, os permisos e organice a romaría que nos permita volver a disfrutar do Naseiro; unha vez que xa confirmamos que o Concello rexeitou o seu apoio descargando a responsabilidade sobre terceiros”, conclúe.
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



